ROSA QUINTANA APELA Á UNIÓN DE ESFORZOS NA DEFENSA DUN MERCADO ÚNICO E IGUALITARIO PARA O ATÚN

  • Esta é unha das propostas de Galicia para a PPC, de cara a evitar casos de dumping cos produtos foráneos

Vigo, 13 de setembro de 2011.-. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apela á unión de esforzos na defensa dun mercado europeo único e igualitario do atún e de todos os produtos do mar. Así o expresou durante a clausura da V Conferencia Mundial do Atún Vigo 2011, onde fixo fincapé en que este é un dos puntos reflectidos na proposta de Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común. O obxectivo, subliñou, é “evitar as disfuncións que provocan moitos produtos foráneos, chegando nalgúns casos ao dumping”. Quintana resaltou o traballo que está a facer a Xunta, promovendo e propugnando unha maior regulamentación da actividade pesqueira, transformadora e comercial. Así, en primeiro lugar destacou a loita contra a pesca ilegal non declarada e non regulamentada e no fomento e impulso de etiquetados e sistemas de trazabilidade que aseguren o respecto medioambiental da actividade e a súa sostibilidade. Ademais puxo como exemplo o esforzo que se está a realizar “para defender as condicións de desenvolvemento dos países onde faenan os nosos barcos e se instalan as nosas factorías” apuntando, ademais, a importancia de asegurar unhas condicións laborais dignas. No aspecto económico, sinalou o compromiso coa defensa de acordos que posibiliten o desenvolvemento de terceiros países, “sen danar as condicións e desestruturar o armazón europeo do sector atuneiro”. “Queremos manter ao noso sector atuneiro na vangarda deste mundo globalizado e o camiño é conseguir a diferenciación dos nosos produtos”, asegurou, e vinculou este feito ao axeitado mantemento da trazabilidade dos produtos de atún descargados, capturados ou transformados en Galicia ou vinculados a empresas galegas. Neste sentido, explicou que o seu departamento quere promover unha estrutura integrada entre a extracción e a transformación e comercialización como fórmula para xerar valor engadido e aproveitar as sinerxias, servindo o exemplo do atún e da súa cadea mar-industria “de espello no que obter esa solución pola que apostamos”. A titular de Mar lembrou os retos plantexados a raíz da edición desta conferencia no ano 2009 e os avances acadados como a mellora na loita contra a pesca ilegal co comezo da aplicación do novo regulamento 1005/2008 e o progreso “aínda que non en toda a dimensión desexable”, na seguridade da faena pesqueira no Índico occidental. “Ademais centramos os nosos obxectivos e atención nos acordos de partenariado con terceiros países e na necesidade de obter normas e regras igualitarias” dixo, e recalcou que todas as melloras foron posibles “grazas á unión e á suma de sinerxias”.

Por último resaltou a necesidade de apostar máis que nunca pola industria do atún e polo seu papel clave na recuperación económica. E confía en que as conclusións destas xornadas, que hoxe conclúen, “sexan unha folla de ruta para traballar no futuro do sector atuneiro galego, español e mundial”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: