TRABALLO E BENESTAR INVESTIRÁ MÁIS DE 4 MILLÓNS DE EUROS AO LONGO DE 2011 EN ACCIÓNS DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento galego para dar conta das liñas de actuación neste eido
  • Fixo especial fincapé na modificación da Lei de cooperativas, que xa está en trámite parlamentario, e que actualizará e adaptará aos tempos actuais a anterior normativa
  • A titular do departamento autonómico destacou tamén a posta en marcha dunha rede estable de puntos de asesoramento, denominada “Eusumo”, destinado aos cooperativistas, emprendedores e cidadáns en xeral
  • Durante o ano 2010 creáronse 41 novas cooperativas, nas que máis de 1.500 persoas convertéronse en novos socios –isto é, novos empregos-, o que demostra a “resistencia” das cooperativas á crise económica
  • Actualmente, as cooperativas sosteñen máis de 20.000 empregos en Galicia (28.000 postos de traballo se se teñen en conta todas as fórmulas de economía social) e factura máis de 2.000 millóns de euros, segundo datos de 2010

Santiago, 13 de setembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá, ao longo de 2011, máis de 4 millóns de euros en distintas accións de promoción do cooperativismo: tanto nas que xa existían, como naquelas que se puxeron en marcha este ano para dar un novo pulo a estas fórmulas empresariais. A este catro millóns súmanse, ademais, preto de 2 millóns de euros, procedentes de fondos europeos, que foron conseguidos grazas á xestión do departamento autonómico. Entre as novas iniciativas, cabe destacar especialmente a modificación da Lei de cooperativas, que xa está en trámite parlamentario.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe a petición propia en sede parlamentaria para dar conta das distintas liñas de actuación que ten habilitado o departamento autonómico co fin de fomentar o cooperativismo en Galicia.

Durante a súa intervención, subliñou a “aposta decidida” do Goberno galego polas fórmulas de economía social. Xustificou esta aposta en que o cooperativismo constitúe un “terreo de importantes potencialidades para a xeración de emprego” e en que as cooperativas teñen tamén demostrado unha “especial resistencia á crise económica”.

 

Ao respecto, Mato puxo como exemplo que durante 2010 naceron un total de 41 novas cooperativas, o que supón que máis de 1.500 persoas convertéronse en novos socios cooperativistas –isto é, novos empregos-, o dobre que en 2009. Ademais, sinalou que en 2010, un ano de crise económica, naceron tantas cooperativas como no 2007, un exercicio de bonanza económica

Actualmente, a economía social (cooperativas e sociedades laborais) sostén en Galicia ao redor de 28.000 empregos, 20.000 no caso concreto das cooperativas, que facturan máis de

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: