Castellano, presidente executivo, e González-Bueno, conselleiro delegado de NCG Banco

Pie de foto: Na fila de abaixo, de esquerda a dereita, Gonzalo Ortiz (secretario non conselleiro), Mauro Varela (conselleiro), José María Castellano (presidente executivo), Julio Gayoso (conselleiro), César González-Bueno (conselleiro delegado) e Francisco Serna (vicesecretario non conselleiro). Detrás, de esquerda a dereita, Jaime Trebolle (conselleiro), Carlos González (conselleiro), José Manuel Gabeiras (conselleiro), Xabier Alkorta (conselleiro).

A entidade nace para xerar valor en Galicia e reposicionarse no mapa financeiro

–   A  xunta de accionistas nomea aos 9 conselleiros propostos por Novacaixagalicia

14.09.2011. O primeiro consello de administración de NCG Banco nomeou a José María Castellano como presidente executivo e a César González-Bueno como conselleiro delegado da entidade. A xunta de accionistas designou outros sete conselleiros: Mauro Varela, Julio Fernández Gayoso, Roberto Tojeiro, José Manuel Gabeiras, Jaime Trebolle, Carlos González e Xabier Alkorta. Todos eles teñen en común unha ampla traxectoria profesional ademais dunha estreita vinculación e coñecemento do negocio financeiro e empresarial. Tamén se designou a Gonzalo Ortiz como secretario (non conselleiro) do consello de administración e a Francisco Serna vicesecretario (non conselleiro).

Na primeira xunta xeral de accionistas de NCG Banco actuaron como representantes da entidade os copresidentes de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela.

No día da súa constitución, NCG Banco púxose como obxectivo a xeración de valor en Galicia, a potenciación económica do seu territorio e o seu reposicionamento no mapa financeiro español, que está en fase de transformación, como un dos xogadores destacados no sector. Do mesmo xeito que Novacaixagalicia, NCG Banco ten en Galicia todos os seus centros de decisión, con sede social na Coruña e sede institucional en Vigo.

A constitución do consello como tal e a adopción de diversas medidas de carácter operativo para dar os primeiros pasos como NCG Banco foron o contido esencial da primeira reunión celebrada na sede social da Coruña. Entre as primeiras decisións inclúense a constitución das comisións de riscos, auditoría e cumprimento, a de nomeamentos e retribucións, a comisión executiva e a creación dun consello asesor.

O presidente executivo, José María Castellano, informou ao consello dos detalles do plan de recapitalización aprobado no último consello de Novacaixagalicia e das proxeccións da entidade, así como da cifra definitiva de capital principal. NCG Banco nace inicialmente cun 100% de capital de Novacaixagalicia.

A caixa galega achega 1.716 millóns de euros de capital social (patrimonio neto consolidado) ao novo banco, que o 30 de setembro ten previsto realizar unha ampliación de capital por importe de 2.465 millóns de euros que dará acceso ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) como accionista temporal da nova entidade. Castellano detallou tamén o acordo alcanzado co FROB, para que a valoración de NCG se produza de común acordo entre este organismo, o banco e os investidores privados interesados de participar no proxecto de NCG. Tal acordo debe producirse antes do 30 de setembro, co compromiso do FROB de asinar opcións de compra en favor dos investidores que NCG presente, cunha vixencia de tres meses e ao mesmo prezo (e sen intereses) ao que o FROB compre as accións de NCG Banco.

NCG Banco formalizou na reunión de hoxe a adhesión ao acordo laboral de Novacaixagalicia polo que os 7.160 traballadores que pasan a formar parte do persoal fano nas mesmas condicións laborais acordadas na caixa e dentro do convenio do aforro. Ao finalizar o consello, o presidente do banco mantivo un encontro cos representantes dos traballadores.

O banco contará tamén cun consello asesor, integrado por membros externos ao banco e elixidos o consello de administración. O consello asesor de NCG Banco estará integrado inicialmente por Pedro Luis Uriarte e Juan Arena.

  • Juan Arena (México DF, 1943). É doutor enxeñeiro superior electromecánico do ICAI e licenciado en administración e dirección de empresas por ICADE. Pertence aos consellos de Ferrovial, Dinamia, Sol Meliá e PRISA, entre outros. É presidente do consello profesional de ESADE e membro do consello asesor europeo da Harvard Business School.
  • Pedro Luis Uriarte (Bilbao, 1943). É licenciado en Ciencias Económicas e Dereito. Foi vicepresidente de BBV e conselleiro delegado e vicepresidente do consello de administración do grupo financeiro de BBVA. Na actualidade é presidente executivo da empresa de consultoría estratéxica Economía, Empresa, Estratexia e está presente nos consellos de administración de IDOM, STEN ou Nanotech.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: