LUCÍA MOLARES VISITOU O IES A PARALAIA DE MOAÑA, ONDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN VEN DE INVESTIR MÁIS DE 162.000 EUROS

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, acompañada do alcalde de Moaña e do xefe territorial de Educación, realizou una visita aos dous institutos do municipio para comprobar que todo estea en regra de cara ao inicio do curso escolar este venres día 16 de setembro.
  • No IES A Paralaia, a Xunta ven de rematar uns traballos de mellora que consistiron no saneamento da pista deportiva cuberta, unha nova rede de canalización de augas pluviais, unha elevación do pavimento para evitar inundacións e un acceso de rampas exteriores.
  • Nos últimos anos, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria levou a cabo melloras nos centros educativos de primaria e secundaria do municipio moañés por valor de 555.000 euros.

Vigo, 14 de setembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitou esta mañá o IES A Paralaia de Moaña e o IES As Barxas co fin de supervisar as instalacións educativas e comprobar que todo estea en regra de cara ao inicio do curso escolar en Ensinanzas Secundarias, que comeza este venres día 16 de decembro. Acompañada polo alcalde do concello, José Fervenza, do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e dos equipos directivos dos centros, a representante do Goberno galego en Vigo e a súa área xirou unha primeira visita ao IES A Paralaia, onde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de realizar unhas obras de mellora e reforma do centro que tiveron un custe superior aos 162.000 euros. Molares comprobou o estado dos traballos, xa rematados, e que consistiron no saneamento da pista deportiva cuberta, nunha nova rede de canalización de augas pluviais, unha elevación do pavimento para evitar inundacións e un acceso de rampas exteriores.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: