MAR AMOSA A REPRESENTANTES DO GOBERNO CANADIENSE AS CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA PRODUTIVO DO MEXILLÓN DE GALICIA

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, explicou as técnicas aos canadienses no transcurso dunha visita a unha batea da Ría de Vigo

Vigo, 14 de setembro de 2011.-. O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, amosou e explicou á viceministra de ciencias do Mar de Canadá, Siddika Mitani, ao embaixador de Canadá en Madrid, Graham Shantz, e a outros representantes do goberno canadiense, as técnicas de produción do mexillón en Galicia. A delegación canadiense coñeceu de primeira man o sistema de cultivo de mexillón coa visita a un polígono de bateas da Ría de Vigo.

Esta explicación in situ, a bordo dunha embarcación pertencente á Sociedade Cooperativa de Mexilloeiros de Galicia, Socomgal, está motivada polo interese dos canadienses, que solicitaron á Consellería do Mar coñecer as técnicas do cultivo do mexillón empregadas en Galicia , xa que son moi diferentes ás de Canadá. Durante a visita, a delegación amosouse sorprendida pola la gran capacidade produtiva da ría.

Galicia como referente

Galicia é un referente na produción de mexillón. En total, na comunidade autónoma existen máis de 3.500 bateas, das que máis 3.300 están adicadas ao mexillón. Así, o cultivo deste molusco en Galicia representa o 95% do total das cantidades producidas na acuicultura e máis do 98% do total nacional da produción mexilloeira. No 2010 descargáronse nas lonxas galegas máis de 212.000 toneladas deste molusco, o que supuxo un valor económico de máis de 86,6 millóns de euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: