Os traballadores/as de Islas Industries reclaman diante da Xunta en Vigo a denegación do ERE extintivo que afecta ao 80% do persoal

A empresa con sede en Gondomar que instala canalizacións para o naval pretende desfacerse de 70 dos seus 98 empregados/as

VIGO/14-09-11

O cadro de persoal de Islas Industries, empresa dedicada á instalación de canalizacións navais e industriais con sede no polígono de Vincios, en Gondomar, realizou hoxe unha concentración de protesta fronte ao edificio da Xunta en Vigo para reclamar a denegación do ERE extintivo que afectará ao 80% dos empregados/as. Dende a CIG-Metal sosteñen que a medida non se atopa debidamente xustificada e denuncian que agocha un intento da patronal de “desfacerse dos seus traballadores/as para contratar man de obra barata”.

Os afectados/as permaneceron preto dunha hora detrás dunha faixa na que se podía ler “Non aos despidos en Islas Industries” e aproveitaron a mobilización para entregar un escrito na sede autonómica no que expoñen os motivos polos que rexeitan o ERE. O documento tamén foi trasladado posteriormente á Inspección de Traballo, cuxa responsábel se comprometeu a darlles unha resposta nos vindeiros días.

 

O secretario comarcal da CIG-Metal de Vigo e traballador de Islas Industries, Manolo Simón, denunciou que detrás dos despedimentos agóchase unha estratexia empresarial que persegue eliminar a maior parte dos cadros de persoal “para recorrer a man de obra barata doutros países cando se recupere a carga de traballo no sector naval”. Neste senso, lembrou que moitos dos afectados levan de 20 a 30 anos traballando para a compañía

O representante sindical tamén quixo responder aos comentarios verquidos dende a patronal Asime en relación ao paro convocado no sector. Simón lembrou que as mobilizacións buscan forzar ao Goberno español e á Xunta de Galiza a atopar unha alternativa ao sistema de bonificación fiscal tax lease. “Se antes de que remate setembro non temos unha solución o sector verase gravemente afectado”, afirma.

Finalmente, reiterou que no caso de que se perdan definitivamente os arredor de 15.000 empregos do naval en Vigo a economía da comarca recibirá un golpe moi duro. “Por iso consideramos fundamental o paro e non descartamos convocar unha folga xeral na cidade”.

Principais argumentos para rexeitar o ERE que figuran no escrito entregado hoxe na Xunta polo comité de empresa de Islas Industries:

Primeiro. Que en data 8 de abril do presente ano 2011 as partes asinan un acordo fronte á instancia da mercantil de negociar un expediente de regulación de emprego suspensivo nas dependencias da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra en Vigo, no mesmo se recollen entre outros os seguintes acordos:

  1. Suspensión rotativa dos contratos de traballo por un máximo de 6 meses por traballador nun período de referencia de 12 meses.

  2. Compromiso de mantemento da totalidade do cadro de persoal.

  3. Non haberá traballadores eventuais nin subcontratas nos períodos nos que sexa de afectación a regulación de emprego.

Segundo. – Que o pasado 12 de agosto do presente 2011 a mercantil inicia a instancia un novo Expediente de Regulación de Emprego extintivo de parte da totalidade do cadro de persoal.

Terceiro. Que esta Administración Laboral lle require á mercantil o 29 de Agosto de 2011 a seguinte documentación perceptiva na formación que a figura procesual dun ERE extintivo require conforme a normativa de aplicación.

  1. Solicitude en modelo oficial.

  2. Memoria xustificativa da causa alegada.

  3. Contas anuais dos dous últimos exercicios económicos completos, integrados por balance de situación, contas de perdidas e ganancias e estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivos, memoria do exercicio e informe de xestión ou, no seu caso, conta de perdidas e ganancias abreviada e balance e estado de cambios no patrimonio neto abreviados, debidamente auditadas.

  4. Número e clasificación profesional dos traballadores afectados, así como dos traballadores empregados habitualmente durante o último ano.

Tamén se lle solicita que complete a documentación que se relaciona:

  1. Xustificación do número de extincións en relación coa concorrencia da causa económica e a finalidade de preservar ou favorecer a posición competitiva da empresa no mercado.

  2. Información sobre a composición da representación dos traballadores, así como da comisión negociadora do expediente de regulación de emprego.

  3. Plan de acompañamento social realizado conforme ao previsto no artigo 9 do Real Decreto 801/2011, de 10 de xuño.

 

Cuarto. Que as partes sociais, traballadores constituídos en comité e a representación da mercantil, xúntanse o 12 de setembro de 2011 co ánimo de achegar posturas, en prol da boa fe que obriga a normativa laboral.

O resultado da xuntanza é o desacordo en base aos seguintes puntos, coincidentes aos solicitados por esta autoridade laboral na alegación anterior:

  1. -A información non se entregou toda xunta ao inicio do expediente, senón que foi entregada a contagotas e sen completar.

  2. -Non temos listado dos traballadores afectados.

  3. -Non se nos entregaron as contas anuais dos dous últimos exercicios
  4. -Non se entregou a xustificación do número de extincións e plan de viabilidade que xustifique o número de traballadores non afectados e carga de traballo para os mesmos (só se amosa facturación para oito empregados ata final de ano).

  5. -Non existe xustificación acerca da inclusión no ERE extintivo dos delegados e delegadas cando teñen igual cualificación, categoría e maior antigüidade que os que quedan.

  6. -A previsión da facturación entregada hoxe está completa no ERE suspensivo e non se fala de ningunha carga de traballo a maiores.
  7. -Non se entregou nin se negociou ningún plan de acompañamento social.

 

Quinto. Que esta parte entende a vista das alegacións feitas no corpo deste escrito que os feitos da demandada mercantil aillanse do formalismo perceptivo conforme ao Real Decreto 801/2011 de 10 de xuño, e a Lei 35/2010, sen prexuízo dos seguintes ilegalidades:

  1. Arestora traballan na obra de Coimbra 15 traballadores eventuais.

  2. Realízanse horas extraordinarias nas obras de Aveiro e Coimbra.

  3. No centro de traballo CZV se realizan horas extras xa denunciadas polos traballades, levantando acta a autoridade laboral cara a sanción efectiva.

  4. Non se esgota a resolución administrativa do ERE de suspensión nº 115/2011.

  5. Non se deron novas causa que orixinen a modificación da medida adoptada pola autoridade laboral coa resolución dun ERE de suspensión nº115/2011.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: