ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA AO COMERCIO DO SALNÉS NA PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA “A VOLTA AO COLE”
A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou hoxe na presentación da campaña escolar organizada polo Consorcio Comercio do Salnés
- Nava Castro entende que “estes eventos constitúen un instrumento de dinamización do comercio de proximidade da zona e son unha excelente oportunidade para que os comerciantes dean a coñecer os seus produtos” Leer más…
O PLAN DE TRANSPORTE TRANSFRONTEIRIZO DO VAL DO MINHO PREVÉ PROXECTOS PILOTO DE TRANSPORTE PÚBLICO E Á MEDIDA
Louzán presideu un Consello Directivo que propón a extensión da liña Vigo-Tui ata Valença e un Circular por todos os concellos O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asumeu hoxe o cargo de presidente da Asociación de Municipios de Vale do Minho (Uniminho) na xuntanza que celebrou o seu Consello Directivo no Pazo Provincial. No acto foi aprobado o presuposto da entidade para o 2011 en 291.606 euros e deuse o visto bó ó informe final do Plan de Transportes Transfronteirizo que será presentado en Lisboa, Porto, Santiago, Madrid e Bruselas. Leer más…
Comunicado de prensa sobre a denuncia de Roberto Ballesteros
Vigo, 15 de Setembro de 2011.– Ante as informacións publicadas hoxe nos medios de comunicación sobre a denuncia presentada contra Roberto Ballesteros, Alcalde Pedáneo de Bembrive, os socialistas de Vigo queremos aclarar que este Partido non ten nada que ver coa mesma e solicitamos que, canto antes e do mellor xeito posible, sexa aclarada esta cuestión onde corresponda. Informamos ademais de que Roberto Ballesteros enviou hoxe un fax solicitando a súa suspensión cautelar de militancia para poder defenderse libremente de ditas acusacións nos tribunais. O PSdeG en Vigo respecta a decisión adoptada por Ballesteros e agarda que esta situación se resolva o antes posible.
Ángel Rivas González,
Secretario de Organización da Comisión Executiva Local de Vigo do PSdeG-PSOE
Primeiro banco en escriturarse en galego
Novacaixagalicia xa fora a primeira caixa en galeguizar a súa constitución
– Toda a documentación legal está escriturada tamén en castelán
15.09.2011. NCG Banco S.A. é o primeiro banco que emprega o galego para outorgar a súa escritura fundacional na centenaria historia financeira da Comunidade. Antes, no mes de novembro do pasado ano, Novacaixagalicia fora xa a primeira caixa de aforros en presentar a documentación legal en idioma galego. Directivos do banco presentaron onte dúas escrituras asinadas perante notario, unha de segregación dos activos e outra de modificación dos estatutos da caixa, no Rexistro Mercantil da Coruña, un fito histórico que permitiu o nacemento legal, a tódolos efectos, da nova entidade. A escritura pública foi o último banzo dun longo e intenso percorrido que se iniciou, a efectos legais e corporativos, o día 14 de xuño do pasado ano 2010, coa aprobación nos consellos de administración das dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, do documento inicial do proxecto de integración.
Ayuntamiento de Vigo
porriño estrecha lazos con la ciudad brasileña de garibaldi
El alcalde Nelson Santos y el concejal de Industria Marcelino Coto recibieron esta mañana al secretario de Medio Ambiente de este Ayuntamiento del Estado de Río Grande do Sul, Balduino Puerari, en el marco de un encuentro institucional y con empresarios
Puerari se desplazó a la villa del Louro con el objetivo de dar a conocer las oportunidades de negocio y la demanda de personal cualificado existente en Garibaldi
EL CONCELLO DO PORRIÑO ACOMETE OBRAS DE MEJORA EN LAS CALLES DEL CENTRO
Se ha construido una rampa en la entrada de la Capilla del Cristo y un paso de peatones elevado al final de la calle Pío XII Desde el Gobierno local piden disculpas a los vecinos por las molestias ocasionadas, que al fin repercutirán en beneficio de todos los ciudadanos
otras noticias en la web www.concellodoporrino.net
AVIER GUERRA SALIENTOU “O ESPÍRITO EMPRENDEDOR E O COMPROMISO CON GALICIA” DOS FUNDADORES DA FEIRA DO MOBLE
- avier Guerra participa no acto de homenaxe aos fundadores da Feira do Moble de Galicia que celebra a súa edición número 25 no recinto Feiral da Estrada
- O conselleiro Guerra non esqueceu ao primeiro presidente da Xunta que inaugurou esta Feira pioneira en Galicia: Gerardo Fernández Albor, do que destacou “o seu equilibrio, a súa vontade constante de cooperación, a súa visión política máis aló das circunstancias inmediatas” e“o seu compromiso xeneroso con Galicia”
- Economía e Industria apoia aos emprendedores do sector en cuestións tan fundamentais como “a mellora competitiva dos seus negocios, a orientación dos seus proxectos cara á innovación e a posta en marcha de estratexias internacionalizadoras”
- A Consellería de Economía e Industria apoia ao Recinto e á Fundación da Estrada duplicando dende o primeiro ano as aportacións feitas no anterior período
Última hora desalojan trabajadores en Povisa.
Gardas de seguridade de Povisa acaban de desaloxar por orde da dirección aos traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG que permanecían pechados no salón de actos do centro médico. Non se produciron incidentes. A rolda de prensa prevista para mañá ás 11.00 horas mantense, pero trasládase do salón de actos ao local do comité de empresa.
O naval vigués volve á rúa para demandar un compromiso real dos Gobernos español e galego coa crise que padece o sector
Os traballadores/as secundaron a xornada de folga parcial e marcharon en manifestación até a delegación da Xunta de Galiza na cidade
VIGO/15-09-11
Os traballadores/as do naval vigués retomaron hoxe as mobilizacións en defensa dunha industria estratéxica para a economía galega e fundamental para a comarca cun paro parcial de catro horas por quenda e unha manifestación que percorreu as principais rúas da cidade. Ao remate da marcha, que chegou até a delegación da Xunta de Galiza, os representantes sindicais reclamaron un compromiso real das administracións española e galega como único xeito de garantir o futuro dun sector que perdeu xa máis de 10.000 empregos. Leer más…
Outro punto de reacarga para o coches eléctrico en Vigo
o coche eléctrico como opción para a protección do medio ambiente e aforro enerxético instalado no centro comercial Travesía de Vigo na primeira planta. (Carrefour).Dous prototipos de coches na venta para uso comercial o pública que ronda os prezos dende os 12,000 a 30,000€ , asi mesmo o ciclomotor de 125cc custa o 6,000€
Noticias Ayuntamiento de Vigo . 15.09.11
O rexedor ratifica o coche eléctrico como opción para a protección do medio ambiente e aforro enerxético |
A Casa das Artes acolle a exposición «Emigración de Mujeres Valientes» |
Contacontos na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas |
Xunta de Goberno Local![]() |