ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA AO COMERCIO DO SALNÉS NA PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA “A VOLTA AO COLE”

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou hoxe na presentación da campaña escolar organizada polo Consorcio Comercio do Salnés
  • Nava Castro entende que “estes eventos constitúen un instrumento de dinamización do comercio de proximidade da zona e son unha excelente oportunidade para que os comerciantes dean a coñecer os seus produtos”

Cambados, 15 de setembro de 2011.- A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou hoxe na presentación da campaña escolar “A volta ao cole” promovida polo “Consorcio Comercio do Salnés”. A iniciativa consiste nunha serie de actuacións orientadas a promover o comercio de proximidade do Salnés e na entrega gratuíta de material escolar aos cativos da zona.

Nava Castro, xunto ao alcalde do concello de Cambados, Luis Aragunde, e representantes do Consorcio e das escolas do Salnés, destacou esta campaña como “unha actividade a prol da dinamización do pequeno e mediano comercio do Salnés, ademais, de supor unha ferramenta excelente para que os comerciantes dean a coñecer os seus produtos”.

Neste eido, a Consellería de Economía e Industria continúa a traballar no seu labor de apoio ao comercio urbano e de proximidade a través de diferentes actuacións enmarcadas dentro do Plan Ágora, así como mediante accións de vixilancia polo cumprimento das novidades introducidas a través da Lei de Comercio, que entrou en vigor en xaneiro deste ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: