O PLAN DE TRANSPORTE TRANSFRONTEIRIZO DO VAL DO MINHO PREVÉ PROXECTOS PILOTO DE TRANSPORTE PÚBLICO E Á MEDIDA

Louzán presideu un Consello Directivo que propón a extensión da liña Vigo-Tui ata Valença e un Circular por todos os concellos O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asumeu hoxe o cargo de presidente da Asociación de Municipios de Vale do Minho (Uniminho) na xuntanza que celebrou o seu Consello Directivo no Pazo Provincial. No acto foi aprobado o presuposto da entidade para o 2011 en 291.606 euros e deuse o visto bó ó informe final do Plan de Transportes Transfronteirizo que será presentado en Lisboa, Porto, Santiago, Madrid e Bruselas.

Uniminho é unha entidade constituida por concellos galegos e portugueses para desenvolver conxuntamente proxectos de emprego, cooperación institucional e servizos públicos. A súa área de influenza son 211.933 habitantes residentes en 22 concellos (6 portugueses: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha (77.807 habitantes); e 16 da provincia de Pontevedra (os das comarcas de Baixo Miño, Condado-Paradanta ademáis de Salceda de Caselas e Porriño (134.126 persoas).

No consello directivo celebrado hoxe acordouse que se incorporen á asamblea xeral da entidade Miguel Domínguez Alfonso (sustitúe a César Mera), Xavier Simón Fernández (por Manuel Rivera) e Moisés Rodríguez (por Antonio F. Rocha).

Un dos puntos fortes da xuntanza foi o Plan de Transportes Públicos na antedita área, do que se entregou o informe final que será presentado este mesmo mes en Lisboa, Madrid, Porto, Santiago e Bruselas. Nestas mesmas cidades presentaráse tamén o Protocolo de cooperación transfronteiriza en Servizos de Saúde.

Presentación e financiación

O Plan de Transportes Transfronteirizo prevé o desenvolvemento inicial de proxectos piloto, relativos a transporte público e a transporte a medida.

O primeiro sería de carácter transfronteirizo, concebido coa consideración dun transporte interurbano regular entre os concellos de España, completado por un transporte internacional para Portugal. Un eventual acordo entre a rexión norte de Portugal e a Xunta podería contemplar un esceario de cooperación entre varios operadores ou completar ou interligar as liñas xa esistentes. Os proxectos pilotos son a extensión da liña Vigo-Tui ata Valença e a creación dun Circular polos concellos comprendidos no Val do Minho.

O segundo, é un transporte á medida que tome por base o Acordo entre España e Portugal para servizos de taxi. Prevé a creación de liñas de transporte con capacidad de 5 a 12 prazas e de servizos de taxi con máis de 7 prazas.

O Plan será presentado ante autoridades con competencia na materia de España, Portugal e Galicia para estudiar a súa financiación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: