Primeiro banco en escriturarse en galego

Novacaixagalicia xa fora a primeira caixa en galeguizar a súa constitución

–      Toda a documentación legal está escriturada tamén en castelán

15.09.2011. NCG Banco S.A. é o primeiro banco que emprega o galego para outorgar a súa escritura fundacional na centenaria historia financeira da Comunidade. Antes, no mes de novembro do pasado ano, Novacaixagalicia fora xa a primeira caixa de aforros en presentar a documentación legal en idioma galego. Directivos do banco presentaron onte dúas escrituras asinadas perante notario, unha de segregación dos activos e outra de modificación dos estatutos da caixa, no Rexistro Mercantil da Coruña, un fito histórico que permitiu o nacemento legal, a tódolos efectos, da nova entidade. A escritura pública foi o último banzo dun longo e intenso percorrido que se iniciou, a efectos legais e corporativos, o día 14 de xuño do pasado ano 2010, coa aprobación nos consellos de administración das dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, do documento inicial do proxecto de integración.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: