OSÉ MANUEL FIGUEROA ANUNCIA QUE JAVIER GUERRA SERÁ O VICEPRESIDENTE DO PP DE VIGO E MIGUEL FIDALGO O SECRETARIO XERAL

Ignacio López-Chaves, Lucía Molares, Sagrario Franco e Marta Iglesias estarán ó fronte das catro vicesecretarías políticas
As outras catro vicesecretarías que deberían ser decisión do presidente, serán elixidas pola próxima Xunta Local do PP de Vigo
O candidato defende un partido unido e forte sen exclusión de ninguén
Vigo, 16 de setembro de 2011.- O candidato á Presidencia do PP de Vigo, José Manuel Figueroa, ofreceu un avance das persoas que formarán parte do novo equipo que afrontarán como primeiro obxectivo as próximas eleccións xerais.
“Non hai exclusións, contaremos con todos os afiliados. Estamos falando dun equipo de cen persoas que estará activo na cidade de Vigo. Comeza unha nova etapa para min e para o Partido Popular nesta cidade. Nace unha nova figura que é o vicepresidente, que neste caso será Javier Guerra. O secretario xeral será Miguel Fidalgo, unha persoa que leva no partido dende os 14 anos e que coñece a cidade e os militantes perfectamente. Creo que asume unha responsabilidade moi grande. Deséxolle sorte porque os seu éxitos serán os éxitos do Partido Popular de Vigo”.
Miguel Fidalgo, futuro secretario xeral e concelleiro no Concello de Vigo, esbozou o novo organigrama interno e agradeceu a confianza depositada na súa persoa para un cargo que, segundo explicou, ‘suporá moi difícil mellorar e suplir o traballo realizado por José Manuel Figueroa durante estes anos’.
“Agradezo a confianza que tivo Chema Figueroa e asumo esta responsabilidade con moita ilusión. O organigrama estará conformado por un presidente,un vicepresidente, un secretario xeral e oito vicesecretarías, catro políticas e catro de xestión. Ademais tamén se establecerán dez vicesecretarías sectoriais de áreas (urbanismo, educación, deportes, sanidade, cultura…)  e unha territorial. A Vicesecretaría Territorial organizará o partido en distintas zonas. Facendo unha distribución entre o centro, os barrios periféricos e as parroquias. A parte funcional do partido estará composta por varias comisións e secretarías executivas (organización, comunicación, administración, outra de censo electoral e por último unha de ideas e proxectos) para levar á práctica as decisións e os contidos que se acorden dende as secretarías de área. Nestas comisións participarán os militantes aportando ideas e propostas e manifestando se están de acordo coas decisións populares tomadas dende o Concello e dende a Xunta”.
O candidato e o secretario xeral fixaron os obxectivos nas próximas eleccións xerais para as que se conformará un novo equipo de campaña.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: