UN OPERATIVO CONXUNTO EN COMBARRO DÁ COMO RESULTADO O COMISO DE 266 QUILOS DE VIEIRA ILEGAL E A INCAUTACIÓN DE DOUS VEHÍCULOS


O Servizo de Gardacostas levaba varios días facendo un seguimento dos vehículos que transportaban vieira da Ría de Ferrol, pechada por toxina amnésica
Santiago, 16 de setembro de 2011.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), realizaron esta mañá un operativo conxunto en Combarro que se saldou co comiso de 266 quilos de vieira e a incautación de dous vehículos.
Os axentes levaban varios días facendo un seguimento destes dous vehículos e contra as 9:00 horas da mañá desenvolveron esta operación nos arredores do porto de Combarro. No primeiro dos vehículos, os inspectores identificaron aos seus 2 ocupantes e comisaron 51 quilos de vieira e no segundo, no que viaxaba a terceira persoa, requisaron o resto da mercadoría, 215 quilos deste molusco.
Os presuntos infractores transportaban a vieira en fresco procedente da Ría do Ferrol, na actualidade pechada a súa extracción, por toxina amnésica, moi perxudicial para a saúde humana.
Os axentes enviaron as mostras ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), que realizará os análises ao molusco para comprobar o nivel de toxicidade. No caso de que supere os límites permitidos, as 3 persoas identificadas serían acusados dun delicto contra a saúde pública.
A Consellería do Mar fai de novo un chamamento á cidadanía para que no adquira peixe e marisco fóra de los cauces legais, xa que só o produto que se extrae e comercializa segundo o establecido legalmente é óptimo para o consumo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: