XUNTA, SECTOR E OUTROS ACTORES SOCIAIS CREARÁN UN PLAN ESTRATÉXICO DA PESCA DE GALICIA PARA REFORZALA NOS PRÓXIMOS DEZ ANOS
A base deste plan residirá na configuración dun grupo de traballo formado polo sector, científicos e administración para avaliar a proposta europea da PPC, crear argumentos e propostas na defensa dos intereses de Galicia
– Rosa Quintana salientou como positivo da proposta europea da PPC a coincidencia total con Galicia de dotar a acuicultura dunha importancia clave
– Entre os aspectos negativos destaca o mantemento, de facto, da estabilidade relativa, que constitúe un desequilibrio na xestión e ordenación das pesquerías europeas e que é particularmente prexudicial para España
– Para a defender os argumentos e propostas galegas para a futura PPC Galicia defende a elaboración de estudos científicos e socioeconómicos