CURSO DE DIRECCIÓN PÚBLICA UNIV VIGO+DEPUTACIÓN

Aberto o prazo de matrícula para a realización do I Curso Superior de Dirección Pública Local que organiza a Universidade de Vigo e que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra. O curso, que ten unha duración total de 300 horas lectivas estará impartido por profesionais de recoñecido prestixio en diferentes áreas e está dirixido á mellorar a capacitación dos funcionarios e traballadores laborais fixos da administración dos grupos A-1 e A-2.

O curso ten por obxecto dar resposta ás necesidades de formación dos traballadores públicos dende unha perspectiva multidisciplinar. Ao rematar o curso acadarase que os alumnos interioricen un plan estratéxico do seu ámbito de xestión e que coñezan as distintas ferramentas das que dispoñen para facer que o servizo que prestan as administracións locais sexa máis eficaz e de maior calidade.

O prazo de matrícula para o I Curso de Administración pública conclúe o vindeiro 1 de outubro. A solicitude figura na páxina web da Deputación provincial (www.depontevedra.es) entrando en Formación. Unha vez cumplimentados os datos deberán enviarse vía web.

O curso dará comezo o vindeiro 17 de outubro e durará ata o vindeiro 19 de novembro do 2012. O número de prazas dispoñibles é de 25, levándose a cabo a selección por parte do servizo de Recursos Humanos da Deputación. De acordo co Plan provincial de Igualdade, resérvase cando menos o 40% das prazas para mulleres.

A metade das 300 horas lectivas serán presenciais, mentres que as restantes 150 horas serán on-line.O contido temático do programa consta de 13 módulos onde os alumnos aprenderán habilidades relacionada coas políticas públicas locais, a organización, dirección e xestión de recursos humanos, marketing, avaliación de calidade, dirección economico-financieira, a administración electrónica, planes de mellora de xestión e liderado.

Os profesores que impartirán o curso proceden da Universidade de Vigo, a Pompeu Fabra, a Universidade do País Vasco e outras universidades de prestixio.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: