INAUGURACIÓN PEINADOR LOUREDO
A DEPUTACIÓN INAUGURA AS OBRAS DA ESTRADA PEINADOR-LOUREDO QUE CUN INVESTIMENTO DE 1,2 MILLÓNS GARANTEN A SEGURIDADE NUNHA VÍA CON ALTA DENSIDADE DE TRÁFICO DE VEHÍCULOS PESADOS
O presidente da Deputación, Rafael Louzán e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, inaugurou hoxe as obras de mellora da seguridade vial na estrada provincial Peinador Louredo. No acto estivo presente o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández.
O proxecto no que se investiron 1,2 millóns de euros dos cales a Deputación aportou 905.611 euros e o Concello de Mos 301.870 euros, contemplou a execución de, movementos de terras, afirmados, drenaxes, muros, instalación de fecais, abastecemento de auga, alumeados, aceras, bordillos, e a sinalización, balizamento e defensas.
Deste xeito, a nova estrada ten dous carrís de 3 metros cada un, dous arcéns ou aparcamentos de 0,50 ou 2 metros nalgúns lugares, e dúas beirarrúas de 1,50 metros cada unha.
Rafael Louzán puxo de relevo que “a mellora de seguridade vial na devandita zona foi un asunto moi demandado polos veciños ó tratarse dunha zona con alta densidade de tráfico e, particularmente, de paso de vehículos pesados”. Recordou que esta zona ten unha densidade importante de vivendas polo que «era preciso dar cobertura de seguridade ós veciños que transitan por esta vía». Por todo isto considerou que «Esta actuación era unha desas asignaturas pendentes á que hoxe damos o cumprimento debido».
O INICIO DAS EMISIÓNS DO NOVO MÚLTIPLEX DE TDT DE TOMIÑO PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 700 PERSOAS DESTE CONCELLO PONTEVEDRÉS
Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT Leer más…
AGUSTÍN HERNÁNDEZ DESTACA QUE A MELLORA DA ESTRADA VINCIOS-COUSO (PO-341), CUN IMPORTE DE MÁIS DE 2,6 MILLÓNS DE EUROS, ESTARÁ REMATADA O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO
O conselleiro de Medio Ambiente asistiu á inauguración do novo campo de fútbol de Chaín, en Gondomar, e posteriormente trasladouse ao Concello de Mos para inaugurar as melloras na estrada entre Peinador e Os Valos
Así mesmo, o conselleiro destacou outra importante actuación recentemente adxudicada; a nova rede de saneamento de Gondomar cun investimento de 3,4 millóns de euros
No Concello de Mos, a consellería investiu nesta lexislatura máis de 8 millóns de euros en obras de saneamento e infraestruturas hidráulicas
Agustín Hernández asegurou que “as administracións públicas están obrigadas a entenderse no seu deber de optimizar os escasos recursos dispoñibles e na procura do noso obxectivo primordial: mellorar a calidade de vida dos veciños” Leer más…
CLAUSURADO O ‘I ENCONTRO CIENTÍFICO BILATERAL ESPAÑA-BRASIL’ NO QUE UNHA DECENA DE PROFESIONAIS REFLEXIONARON SOBRE AS EXPERIENCIAS SOCIAIS EN CONTORNOS DIXITAIS
Esta mañá remataron en San Simón as xornadas que contaron coa participación de expertos españois e brasileiros. O foro, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de AGADIC e a Fundación Illa de San Simón, supuxo a posta en marcha do Proxecto SICEB (Sociedade da Información e do Coñecemento en España e Brasil). Leer más…
Alberto Núñez Feijóo, na clausura do congreso de Vigo
Feijóo asegura que mentres o Goberno de España e o PSOE sigan caendo na incoherencia, a improvisación e a contradicción a Xunta e o PP optarán sempre pola anticipación
- Indicou que a elección de José María Figueroa supón unha “boa noticia” para o PPdeG, para o PP de Vigo e para a cidade de Vigo.
Advertiu de que “os galegos, que si somos coherentes, imos dicirlles cunha man non a este modo de gobernar e, coa outra, Partido Popular” Leer más…
MEDIO RURAL DESTINA 5,3 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS AOS CONCELLOS E AXENTES SOCIAIS CON TERRITORIO NA REDE NATURA
A Xunta está no proceso de tramitación administrativa para a construción do Centro de Recuperación de Mamíferos Mariños de Baredo, en Baiona
Santiago, 17 de setembro de 2011.- A Consellería do Medio Rural dispón de dúas liñas de axudas para apoiar diversas accións dos concellos e dos axentes sociais con territorio na Rede Natura 2000 e nos parques naturais de Galicia por un importe total de 5,3 millóns de euros. Isto supuxo un notable incremento nos fondos que se viñan destinando a axudas en espazos naturais e unha mellora nos importes sufragables xa que as accións subvenciónanse ao 100%. Leer más…
XUNTA IMPULSA O USO DO SOFTWARE LIBRE NAS AULAS DA REDE CEMIT CON FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA OS AXENTES TIC
- Celebra unhas xornadas formativas para que os profesionais que xestionan as aulas coñezan en profundidade este tipo de software e contribúan á súa difusión entre a cidadanía
- Celebraranse nas aulas CeMIT de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo entre o 19 e 22 de setembro
- A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS)
- Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción Floss que desenvolve a Secretaría Xeral de Modernización para impulsar o uso e difusión do software libre