AGUSTÍN HERNÁNDEZ DESTACA QUE A MELLORA DA ESTRADA VINCIOS-COUSO (PO-341), CUN IMPORTE DE MÁIS DE 2,6 MILLÓNS DE EUROS, ESTARÁ REMATADA O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO

O conselleiro de Medio Ambiente asistiu á inauguración do novo campo de fútbol de Chaín, en Gondomar, e posteriormente trasladouse ao Concello de Mos para inaugurar as melloras na estrada entre Peinador e Os Valos

Así mesmo, o conselleiro destacou outra importante actuación recentemente adxudicada; a nova rede de saneamento de Gondomar cun investimento de  3,4 millóns de euros
No Concello de Mos, a consellería investiu nesta lexislatura máis de 8 millóns de euros en obras de saneamento e infraestruturas hidráulicas
Agustín Hernández asegurou que “as administracións públicas están obrigadas a entenderse no seu deber de optimizar os escasos recursos dispoñibles e na procura do noso obxectivo primordial: mellorar a calidade de vida dos veciños”
Santiago, 17 de setembro de 2011.-  O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asistiu hoxe xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde do Concello de Gondomar, Fernando Guitián, a inauguración do novo campo de fútbol da Gándara en Chaín, no Concello de Gondomar. O novo campo de fútbol foi levado a cabo pola Deputación, que aportou o 75% do orzamento, en colaboración co Concello de Gondomar.

Agustín Hernández destacou que a mellora da estrada Vincios-Couso (PO-341), cun importe de máis de 2,6 millóns de euros, estará rematada o vindeiro mes de novembro. Esta actuación supón a mellora da estrada nun treito de máis de 10 quilómetros de lonxitude. As obras que se levaron a cabo consistiron no ensanche da plataforma ata os 7 metros de ancho; con dous carrís de 3 metros e beirarrúas de 0,5 metros. Ademais, levouse a cabo o reforzo do firme e renovación da sinalización horizontal e vertical así como elementos de balizamentos e defensas.

Así mesmo, o conselleiro destacou outra importante actuación recentemente adxudicada; a nova rede de saneamento de Gondomar, cun investimento de 3,4 millóns de euros. Esta actuación tratará e evitar os alivios que se producen na Estación Depuradora de Augas Residuais  (EDAR) de Gondomar e así mellorar o estado do río Miñor. A actuación consistirá na substitución do colector principal que sofre fortes infiltracións. Cómpre tamén recordar as actuacións de saneamento recentemente rematadas no propio río Miñor, considerado zona de marisqueo.

Visita ao Concello de Mos
Agustín Hernández, xunto con Rafael Louzán e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, inaugurou posteriormente as melloras de seguridade vial da estrada entre Peinador e Os Valos. As obras teñen un investimento de 1,2 millóns de euros e consistiron na construción de beirarrúas e melloras no alumeado público.

O conselleiro, na súa visita a Mos, destacou a importante inversión de 8 millóns de euros levada a cabo pola Consellería en materia de saneamento e infraestruturas hidráulicas. As actuacións levadas a cabo tiveron como obxectivo mellorar o estado do río Louro. Concretamente, executáronse colectores secundarios, por un importe de 1,8 millóns de euros e a posta a punto dunha nova rede de colectores en Tameiga, Petelos e Sanguiñeda, Eira Grande e Portela por 400.000 euros. Ademais, o conselleiro indicou o investimento de 6,6 millóns de euros feito na explotación dos sistema xeral de saneamento do río Louro.
Agustín Hernández asegurou que “as administracións públicas están obrigadas a entenderse no seu deber de optimizar os escasos recursos dispoñibles e na procura do noso obxectivo primordial: mellorar a calidade de vida dos veciños”. Ademais, engadiu que para isto púxose en marcha unha completa planificación que vai facer posible sacar a maior rendibilidade económica e social a cada euro que se dispoña para investir en obras e servizos públicos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: