MEDIO RURAL DESTINA 5,3 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS AOS CONCELLOS E AXENTES SOCIAIS CON TERRITORIO NA REDE NATURA

  • A Xunta está no proceso de tramitación administrativa para a construción do Centro de Recuperación de Mamíferos Mariños de Baredo, en Baiona

Santiago, 17 de setembro de 2011.- A Consellería do Medio Rural dispón de dúas liñas de axudas para apoiar diversas accións dos concellos e dos axentes sociais con territorio na Rede Natura 2000 e nos parques naturais de Galicia por un importe total de 5,3 millóns de euros. Isto supuxo un notable incremento nos fondos que se viñan destinando a axudas en espazos naturais e unha mellora nos importes sufragables xa que as accións subvenciónanse ao 100%.

Estas iniciativas para apoiar as actuacións nos espazos naturais e materializar as iniciativas están xa practicamente executadas na súa totalidade a día de hoxe. A primeira destas liñas de axudas é a que se dedica a medidas relacionadas coa mellora da paisaxe, mantemento das condicións ambientais ou recuperación de especies, para as que a Xunta destinou en 2010 e 2011 un total de 2,1 millóns de euros, cofinanciados nun 57,5% por parte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que beneficiaron a un total de 123 concellos en Galicia.

Provincia Axuda Concedidas (€)
Axuda ano 2010 Axuda ano 2011 Total Axuda
A Coruña 343.247,68 343.247,63 686.495,31
Lugo 244.217,65 244.217,61 488.435,26
Ourense 250.530,88 250.530,87 501.061,75
Pontevedra 255.213,63 255.213,55 510.427,18
TOTAL: 1.093.209,84   2.186.419,50

A segunda liña, supera os 3 millóns de €

A segunda liña concrétase na incorporación dos concellos, xunto cos axentes sociais, como beneficiarios das axudas en materia de conservación dos recursos naturais e fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais, todos eles incluídos na Rede Natura, así como para accións de educación ambiental. Os beneficiarios destas axudas, –financiadas con fondos propios da Xunta e tamén do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 (cun cofinanciamento do fondo comunitario Feader)– son, ademais dos concellos, os propietarios de terreos situados nalgún dos seis parques naturais ou na súa área de influencia; titulares de explotacións agrarias ou gandeiras que estean dentro dun destes espazos protexidos; comunidades de montes veciñais ou empresas dalgún dos municipios en que se sitúa o espazo protexido, que teñan toda ou parte da súa superficie dentro dun parque. O importe total destas axudas xestionadas desde Medio Rural supera os 3.141.000 de euros.

Centro de Recuperación

Doutra banda a Xunta está no proceso de tramitación administrativa para a construción do Centro de Recuperación de Mamíferos Mariños de Baredo, no concello de Baiona. O proxecto prevé unha edificación de 1500m2 emprazada no concello de Baiona, cun orzamento total de 1.606.398 euros, no marco do convenio establecido entre o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) e a Xunta de Galicia en materia de Rede Natura 2000, cun prazo ata 2014.

Trátase dun procedemento laborioso, que require a xestión de varios departamentos autonómicos, e no que se está a rematar a operación de cesión de terreos, así como a plurianualidade do contrato.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: