O INICIO DAS EMISIÓNS DO NOVO MÚLTIPLEX DE TDT DE TOMIÑO PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 700 PERSOAS DESTE CONCELLO PONTEVEDRÉS
Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plano da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, durante as próximas semanas, acenderá 67 centros emisores cos novos múltiplex
Santiago, 18 de setembro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro emisor de televisión de Tomiño, prevista para o próximo luns día 19, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 700 persoas do concello de Tomiño, na provincia de Pontevedra.
Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:
Canle 54: TVEHD, TDP (Teledeporte)
Canle 66: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 39: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 64: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.
A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.
O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante as próximas semanas, acenderá 67 centros emisores cos novos múltiplex.