XUNTA IMPULSA O USO DO SOFTWARE LIBRE NAS AULAS DA REDE CEMIT CON FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA OS AXENTES TIC
- Celebra unhas xornadas formativas para que os profesionais que xestionan as aulas coñezan en profundidade este tipo de software e contribúan á súa difusión entre a cidadanía
- Celebraranse nas aulas CeMIT de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo entre o 19 e 22 de setembro
- A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS)
- Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción Floss que desenvolve a Secretaría Xeral de Modernización para impulsar o uso e difusión do software libre