THE GIFT, NOMINADOS A LOS PREMIOS MTV PORTUGAL EN LA CATEGORÍA DE MEJOR DIRECTO
Con gran alegría han recibido The Gift la nominación para los premios MTV Portugal en la categoría de mejor directo exactamente una semana antes del lanzamiento de su último disco, Explode, en los mercados de EEUU, Canadá y Brasil. La decisión queda en manos del público, que puede votar aquí
La banda viaja en estos momentos hacia Río de Janeiro para presentar Explode en directo en el primer día del Festival Rock in Río, el 23 de septiembre.
Dos semanas después inician la promoción del disco por América, con shows en Los Ángeles, Chicago, Toronto, NY y Cambridge.
Próximas fechas:
23 Set – Rock in Rio Brasil
07 Octubre – Los Angeles, CA – Echoplex
11 Octubre – Chicago, IL – Double Door
12 Octubre – Toronto, ON – Lee’s Palace
14 Octubre – New York, NY – Le Poisson Rouge
16 Octubre – Cambridge, MA – TT The Bear’s
Aquí los puedes ver interpretando en directo «My Sun», en el Festival Vigo Transforma:
ink para el formulario de inscripción a la Asociación Amigos de Teatro Ensalle
A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CON BARRERAS E PIDE UN PLAN DE VIABILIDADE A PROL DO FUTURO DO ESTALEIRO E DOS TRABALLADORES
- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe dúas reunións cos acredores e cos traballadores do estaleiro para avanzar na proposta dunha solución global
- Guerra salientou que “a Xunta está comprometida ao 100%” coa “saída adiante” deste estaleiro e de todo o sector na Ría de Vigo
- O conselleiro adiantou que cómpre “saber cal é o compromiso concreto dos propietarios do estaleiro”, tamén no que se refire nas aportacións de capital que deben achegar
- Guerra apunta que “todos teñen que por da súa parte” e destacou que “fará todo o posible para que este estaleiro e a industria auxiliar poida saír adiante”
Convenio La Caixa e Deputación Pontevedra para actos culturais e sociais
A entidade bancaria participará no financiamento do Festival de Corais, de actos da A Ruta da Pedra e da Auga e da Feira Medieval de Pontearnelas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou un Convenio de Colaboración con Marc Arthur Benhamou Gallego, delegado xeral de La Caixa para Galicia, por valor de 26.000 euros destinados a colaborar en distintos proxectos culturais da provincia.
A Deputación de Pontevedra e La Caixa veñen colaborando dende hai anos na promoción de proxectos de carácter cultural, social, asistencial e deportivo. Para este ano La Caixa destinará 26.000 euros que terán por obxecto organizar varios eventos culturais. Leer más…
Novacaixagalicia inaugura en Santiago o Auditorio que completa “a mellor rede sociocultural de Galicia”
O Auditorio Novacaixagalicia na rúa do Preguntoiro conta con preto de 700 prazas
. Teatro, danza, música, ópera e musicais xa están programados no novo escenario
. A oferta cultural complétase cun programa dirixido especificamente a escolares
. Previuse un programa de abonos con desconto para música-lírica-danza e teatro
20.09.2011. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, e mais os copresidentes de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela, presidirán esta tarde a inauguración oficial do auditorio que completa a rede sociocultural da institución galega en Compostela.. Leer más…
A NOVA CARTEIRA DE SERVIZOS PARA A ATENCIÓN Á DEPENDENCIA OFERTARÁ RECURSOS ESPECIALIZADOS E DESEÑADOS PARA OS ENFERMOS DE ALZHEIMER
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o centro de día de alzheimer de Ourense, que conta con 30 prazas
A nova carteira de servizos inclúe unha serie de recursos específicos deseñados especialmente para as persoas con este diagnóstico
Unha das principais novidades desta carteira é que reducirá, na atención residencial específica, a periodicidade das valoracións do usuario e da súa familia, así como a valoración psicolóxica
Ademais, o novo modelo permite romper a barreira que impedía a este colectivo acceder a determinados servizos cando era menor dos 60 anos
Contémplase tamén un servizo de prevención específico para os enfermos de alzheimer
Articúlase un servizo de axuda a domicilio especialmente deseñado para as persoas con alzheimer, que incluirá a estimulación cognitiva e funcional como prestación básica e específica deste colectivo Leer más…
Foro sobre Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels
A edición dixital de Xornal de Galicia é viable economicamente
A Coruña, 20 de setembro de 2011.- Os representantes do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) no comité de empresa en Xornal de Galicia rexeitan o despedimento de todo o cadro de persoal, 40 persoas, e o peche deste diario dixital. A empresa, propiedade da construtora San José, anunciou estas medidas onte luns de súpeto e sen negociación previa algunha cos traballadores. Leer más…
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INAUGUROU ESTA MAÑÁ O NOVO CURSO DE ESO E BACHARELATO NO IES SANTA IRENE DE VIGO
- O curso 2011-2012 nas ensinanzas secundarias comezou na cidade olívica cun total de 20.571 alumnos e alumnas, dos que 10.009 o fixeron en centros públicos; 8.633 en centros concertados e 1.929 en non concertados.
Vigo, 20 de setembro de 2011.- Un total de 20.571 alumnos e alumnas comezaron os seus estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e outras ensinanzas nas aulas nos centros vigueses. Entre eles, no IES Santa Irene, onde esta mañá se levou a cabo a inauguración oficial do curso escolar, á que acudiu en representación da Consellería o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Durante o acto de inauguración, o representante do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez felicitou ao equipo directivo e ao centro “polos éxitos acadados” durante os últimos anos. Na súa intervención, Pérez Ares destacou que a máxima da Xunta de Galicia pasa pola calidade educativa no ensino público recoñecendo o traballo dos docentes e contando tamén co “piar básico” que son as familias. “Recoñecemos o esforzo de todos os educadores da nosa terra, a súa entrega incondicional a un traballo vital para a formación dos nosos alumnos e alumnas”, engadiu. E subliñou que a “vontade” da Consellería de Educación é acadar un sistema educativo cada vez mellor. “Estamos decididos a impulsar todas as medidas que estean ao noso alcance para potenciar e levar a bo termo o compromiso e a ilusión que guía o traballo dos docentes”, destacou. Leer más…
TRABALLO E BENESTAR FORMARÁ EN 2011 A UNS 3.000 COIDADORES NON PROFESIONAIS DE PERSOAS DEPENDENTES A TRAVÉS DE 117 CURSOS
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou esta tarde o curso de formación de coidadores de persoas con alzheimer, que se está celebrando en Pontevedra
- Dentro desta iniciativa de formación, o departamento está a desenvolver 20 cursos específicos para coidadores de persoas que sofren alzheimer, dos que se van beneficiar máis de 200 coidadores
- A titular do departamento autonómico lembrou que mañá se conmemora o Día mundial do alzheimer Leer más…