A edición dixital de Xornal de Galicia é viable economicamente

A Coruña, 20 de setembro de 2011.- Os representantes do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) no comité de empresa en Xornal de Galicia rexeitan o despedimento de todo o cadro de persoal, 40 persoas, e o peche deste diario dixital. A empresa, propiedade da construtora San José, anunciou estas medidas onte luns de súpeto e sen negociación previa algunha cos traballadores.

Os membros do SXG no Comité critican ademais que a empresa incumprise a súa palabra. Cando a compañía decidiu deixar de publicar a edición en papel en agosto, tamén sen previo aviso, comprometeuse a reforzar a edición dixital. Agora pretende botarlle o pecho antes de fin de ano.

O SXG argumenta en que xornal.com é unha cabeceira viable, que mesmo operou durante moitos anos antes do lanzamento da edición impresa. Os niveis de audiencia e ingresos publicitarios de Xornal.com son máis que suficientes para o mantemento de moitos postos de traballo incluso no contexto da actual crise. Especialmente para un grupo, San José, que presume de ser unha das maiores construtoras de Europa.

Risco de suplantación de empresas

Neste sentido, o SXG estará vixiante para que o Grupo San José non aplique un ERE cofinanciado con cartos públicos para logo, disolta a compañía orixinal, seguir operando a cabeceira dende outra empresa aproveitándose da labor gratuíta de colaboradores.

Os representantes do SXG tamén rexeitan a oferta de despedimentos con indemnización de só 20 días por ano traballado. Os membros do comité de empresa fan un chamamento á unidade de acción de sindicatos e asalariados para organizar as mobilizacións que decida a Asemblea de Traballadores.

Agradecementos

Sobre os motivos que provocaron esta difícil situación, o SXG só quere apuntar que en ningún caso é responsabilidade dos asalariados. Como recoñeceu a dirección da empresa na reunión do luns, foi o compromiso e o esforzo dos traballadores o que permitiu a Xornal facerse un oco na ampla oferta de diarios galegos.

Por último, os representantes dos traballadores agradecen as numerosas mostras de solidariedade recibidas nas últimas horas, especialmente por parte dos compañeiros de profesión.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: