CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INAUGUROU ESTA MAÑÁ O NOVO CURSO DE ESO E BACHARELATO NO IES SANTA IRENE DE VIGO

  • O curso 2011-2012 nas ensinanzas secundarias comezou na cidade olívica cun total de 20.571 alumnos e alumnas, dos que 10.009 o fixeron en centros públicos; 8.633 en centros concertados e 1.929 en non concertados.

Vigo, 20 de setembro de 2011.- Un total de 20.571 alumnos e alumnas comezaron os seus estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e outras ensinanzas nas aulas nos centros vigueses. Entre eles, no IES Santa Irene, onde esta mañá se levou a cabo a inauguración oficial do curso escolar, á que acudiu en representación da Consellería o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Durante o acto de inauguración, o representante do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez felicitou ao equipo directivo e ao centro “polos éxitos acadados” durante os últimos anos. Na súa intervención, Pérez Ares destacou que a máxima da Xunta de Galicia pasa pola calidade educativa no ensino público recoñecendo o traballo dos docentes e contando tamén co “piar básico” que son as familias. “Recoñecemos o esforzo de todos os educadores da nosa terra, a súa entrega incondicional a un traballo vital para a formación dos nosos alumnos e alumnas”, engadiu. E subliñou que a “vontade” da Consellería de Educación é acadar un sistema educativo cada vez mellor. “Estamos decididos a impulsar todas as medidas que estean ao noso alcance para potenciar e levar a bo termo o compromiso e a ilusión que guía o traballo dos docentes”, destacou.

Por último, reiterou a aposta da Xunta pola calidade educativa “cun sistema que busca reducir o fracaso e o abandono escolar, aumentar o rendemento e motivar ao alumnado para que a súa formación lles permita avanzar no contexto de internacionalización e avances tecnolóxicos vertixinosos no que lles toca vivir”.Neste curso 2011-2012 un total de 20.571 vigueses iniciaron os seus estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional outras ensinanzas. De eles, 10.009 o fixeron en centros públicos mentres que 8.633 son relativos a centros concertados e 1.929 a centros non concertados.

Melloras no centro educativo

Durante o acto de inauguración oficial do curso, no que tamén participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director do IES Santa Irene agradeceu os investimentos que durante o pasado curso 2010-2011 se levaron a cabo no emblemático edificio. Así, dende o departamento de Educación realizáronse obras de mellora por un valor de 137.000 euros e que pasaron por reparacións das instalacións eléctricas, a restauración das vidreiras así coma melloras na carpintería do centro educativo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: