Convenio La Caixa e Deputación Pontevedra para actos culturais e sociais

A entidade bancaria participará no financiamento do Festival de Corais, de actos da A Ruta da Pedra e da Auga e da Feira Medieval de Pontearnelas

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou un Convenio de Colaboración con Marc Arthur Benhamou Gallego, delegado xeral de La Caixa para Galicia, por valor de 26.000 euros destinados a colaborar en distintos proxectos culturais da provincia.
A Deputación de Pontevedra e La Caixa veñen colaborando dende hai anos na promoción de proxectos de carácter cultural, social, asistencial e deportivo. Para este ano La Caixa destinará 26.000 euros que terán por obxecto organizar varios eventos culturais.
En primeiro lugar, o copatrocinio do Festival de Corais, organizado polo Servizo de Cultura do organismo provincial, que contará cun financiamento de 15.000 euros con cargo a este convenio. En segundo termo, para o desenvolvemento da actividade cultural da “Ruta da Pedra e da Auga”, que ten lugar no concello de Meis, La Caixa destinará 3.000 euros. E por último, os 8.000 euros restantes con cargo ao convenio investiranse na organización da Feira Medieval de Ponte Arnelas, organizada polos concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova e no que tamén participa a Deputación.
O convenio hoxe asinado estipula que a Deputación comprométese a incluír o logo de La Caixa en todos os catálogos que realice e a dar especial relevancia á promoción da imaxe institucional da entidade financeira.
“Nun contexto de crise como o que atravesamos é importante establecer e manter todos os cauces de colaboración posibles entre administracións e empresas privadas para seguir mantendo un investimento cultural axeitado”, explicou Rafael Louzán que agradeceu a La Caixa o seu compromiso con Galicia e, en especial, coa provincia de Pontevedra, manifestado dende hai anos a través de varios convenios. Engadeu que NovaCaixaGalicia e La Caixa son as únicas entidades que colaboran coa realización de eventos culturais e sociais da Deputación.
O delegado xeral de La Caixa para Galicia destacou tamén que o convenio asinado a través da Obra Social de La Caixa, ahora integrada no novo banco Caixabank, reforza o compromiso da entidade con Galicia e suliñou que, por medio dela, investiron 300 millóns nos últimos tres anos en todo o territorio, dos que 9 foron para Galicia e 3 para a provincia de Pontevedra.
Marc Benhamou indicou que La Caixa conta con 195 oficiñas na Comunidade Autónoma Galega nas que traballan 700 empregados.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Convenio La Caixa e Deputación Pontevedra para actos culturais e sociais”

  1. Lucy dice :

    Hola, Me ha parecido increible este blog. Puedes seguir haciendo cosas asi. Te paso mi blog para que lo leas Criticas de cine y me digas que opines porfa . Saludos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: