TRABALLO E BENESTAR FORMARÁ EN 2011 A UNS 3.000 COIDADORES NON PROFESIONAIS DE PERSOAS DEPENDENTES A TRAVÉS DE 117 CURSOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou esta tarde o curso de formación de coidadores de persoas con alzheimer, que se está celebrando en Pontevedra
  • Dentro desta iniciativa de formación, o departamento está a desenvolver 20 cursos específicos para coidadores de persoas que sofren alzheimer, dos que se van beneficiar máis de 200 coidadores
  • A titular do departamento autonómico lembrou que mañá se conmemora o Día mundial do alzheimer

Pontevedra, 20 de setembro de 2011.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, indicou hoxe que o departamento autonómico desenvolverá ao longo de 2011 un total de 117 cursos para formar a preto de 3.000 coidadores e coidadoras non profesionais de Galicia. Estas actividades formativas, que son máis do dobre que as programadas o ano pasado (51 cursos con 1.300 beneficiarios en 2010), encádranse dentro do programa “Xuntos nos coidados”.

Así o salientou hoxe Beatriz Mato durante a súa visita hoxe ao curso de formación de coidadores de alzheimer que se está a celebrar en Pontevedra, no que lembrou que mañá se conmemora o Día mundial do alzheimer. Dentro do programa de “Xuntos nos coidados” figuran os cursos básicos destinados aos coidadores non profesionais e, ademais, este ano estanse a poñer en marcha cursos específicos para os coidadores ou coidadoras de persoas dependentes cun perfil concreto de necesidade: as que sofren enfermidade mental, por unha banda; e as que sofren alzheimer e outras demencias, por outra.

Froito desta planificación, ao longo deste ano vanse impartir un total de 34 cursos específicos: 20 cursos para os coidadores de persoas con alzheimer -9 dos cales están xa rematados ou iniciados- e nos que se van formar máis de 200 coidadores de enfermos de alzheimer de Galicia; e, no referente á enfermidade mental, están xa impartidas as 14 accións formativas para coidadores previstas para este ano, nas que participaron 140 persoas. Pola súa banda, no mes de outubro arrancarán un total de 83 cursos básicos para coidadores non profesionais. Beatriz Mato lembrou que na elaboración destes cursos específicos, a Xunta conta coa colaboración directa da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental, FEAFES, e de FAGAL, a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer. Lembrou tamén que os principais conceptos que precisan os coidadores para desenvolver a súa tarefa están recollidos en tres manuais, un xenérico e dous manuais específicos (o de Alzheimer e o de enfermidade mental), que reciben ao remate do curso e aos que poden recurrir sempre que teñan algunha dúbida.

Neste senso, Mato incidiu en que “o día a día dos enfermos de alzheimer e dos seus coidadores esixe que, ao lado da investigación médica e farmacolóxica, continuemos traballando intensamente para mellorar a atención cotiá que precisan estas persoas”, o que constitúe unha das prioridades da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: