A DEPUTACIÓN COLABORA CON ASOCIACIÓNS DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DE PONTEVEDRA, VIGO, VILAGARCÍA E MOAÑA

A deputada Ana Isabel Vázquez asistiu á Mesa Petitoria  instalada por AFAPO (Asociación de Familiares de Alzheirmer Pontevedra) na Praza da Peregrina para celebrar o Día Mundial do Alzheimer. Baixo o lema “Cada Diagnóstico, unha Persoa”, a Deputación de Pontevedra quixo sumarse a AFAPO para colaborar con esta asociación que traballa a prol das persoas que padecen a chamada “enfermidade do Século XXI”.
A Deputación colabora con AFAPO na impresión dos dípticos para informar das actividades que levan a cabo co gallo do Día Mundial do Alzheimer. Así mesmo, cada ano axuda a varias asociación da provincia para levar a cabo diversos cursos e talleres interactivos.
Con AFAPOcolabora dende hai anos aportando perto de 12.000 euros para distintos cursos de estimulación cognitiva. Este ano este taller foi interactivo e audiovisual para unha mellor comprensión. Con AFAMO (Moaña) leva xa tres anos organizando un Curso de Atención e Coidao na enfermidade do alzheimer que supuxeron un coste de 15.000 euros.
Con AFASAL (Vilagarcía) puxo en marcha o Proxecto “Enfermidade de Alzheimer e terapias alternativas para coidadores” e financiou outros cursos nos últimos años cunha aportación de perto de 10.000 euros.
Finalmente, con AFAGA (Vigo), a Deputación financiou cursos e outras iniciativas nos anos 2009 e 2010 para os que destinou perto de seis mil euros.
Xa dende o ano 2006 asináronse convenios de distinta índole coas asociacións antes mencionadas para para sostemento de Grupos de Axuda Mutua (GAM), dun Programa de Asistencia a Domicilio e dun Programa de Respiro Familiar e Talleres Interxeneracionais.
Segundo os datos, en España existen na actualidade 500.000 endermos de alzheimer e agárdase que no 2050 sexan 1,5 millóns. Por iso, Ana Isabel Vázquez subliña que “é importante que se fomente a formación de coidadores, promover un amplo abano de actividades adaptadas a estes enfermos, como talleres de psicomotricidade, de estimulación cognitiva, de linguaxe ou de musicoterapia. Neste senso, as asociación saben que poden contar coa Deputación para colaborar cos seus programas porque consideramos que fan unha labor asistencial extraordinaria”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: