A XUNTA APOSTA POLA SOSTENIBILIDADE E OS PRODUCTOS ECOLÓXICOS CO APOIO AO I SALÓN BIOATLÁNTICO QUE SE CELEBRARÁ EN VIGO

O Auditorio Mar de Vigo acollerá a vindeira semana, do 30 de setembro ao 2 de outubro, o I Salón dos Productos Ecolóxicos, Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Consumo Responsable, Bioatlantic 2011.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación do evento, que persegue a promoción e a divulgación dos produtos respectuosos co entorno.
A administración autonómica estará presente nesta cita mediante a exposición “Un mundo de enerxía” e a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coa participación no Foro de Enerxía Sostible.
Vigo, 21 de setembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación do I Salón dos Productos Ecolóxicos, Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Consumo Responsable, Bioatlantic 2011. Un evento que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo dende o 30 de setembro e ata o 2 de outubro e que persegue a promoción do coñecemento, a divulgación da información sobre os produtos respectuosos co entorno e a apertura dun espacio comercial ás empresas do sector.
Na súa intervención, Lucía Molares felicitou aos organizadores desta cita porque segundo considerou, “é un salón que toca todos os ámbitos necesarios para demostrar que se pode crer no desenrolo da sociedade, sendo respectuosos co medio ambiente e sendo responsables dos usos e consumos”. A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou así os tres aspectos nos que se centra esta feira e que son a bioalimentación, a bioconstrución e as enerxías alternativas.

Molares amosou o apoio do Goberno galego con esta cita ecolóxica e explicou que estará presente a través de varías vías. Primeiro, da man do INEGA coa exposición “Un Mundo de Enerxía”, un espazo didáctico e participativo de 200 m2 de superficie que pretende fomentar o uso e coñecemento da enerxía en todos os ámbitos. E por outra banda, coa participación no Foro de Enerxía Sostible a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ademais, a responsable da Administración autonómica en Vigo recordou que o apoio deste tipo de iniciativas ecolóxicas xa se amosou a través de Agader e da Consellería de Traballo e Benestar co proxecto pioneiro de Agricultura Ecolóxica posto en marcha por unha asociación de veciños da cidade hai uns meses así coma co desenrolo do Plan de Desenvolvemento de Agricultura Ecolóxica de Galicia ata 2013. Mentras, fixo o propio coa aposta pola eficiencia enerxética nas 384 vivendas construídas polo IGVS no polígono de San Paio de Navia, que contan coa cualificación A, máxima cualificación de eficiencia enerxética. E por último, citou o apoio da Xunta coa Mesa da Electromobilidade e coa fabricación de furgonetas eléctricas na factoría PSA-Peugeot Citroöen.
“A Xunta está a apostar pola sostenibilidade poñendo en marcha proxectos de crecemento económico”, resumiu Molares, quen engadiu que foros coma este Salón Bioatlántico son necesarios para a “reflexión” e para “concienciar á poboación” sobre os produtos ecolóxicos coa finalidade de “facer unha sociedade máis sostible”, concluíu a delegada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: