A XUNTA DE GALICIA REMATA ESTA TARDE AS OBRAS DO BY-PASS DOEMISARIO DO MORRAZO

  • A actuación permitirá conectar a canle de subministro existente co novo emisario submarino, e garantir así o abastecemento ao Morrazo en caso de que se produzan novas roturas
  • Os traballos para levar a cabo esta conexión comezaron o pasado día 8 de setembro, ao día seguinte a que o Concello dera autorización. Deste xeito, en menos de dúas semanas xa está listo o by-pass
  • O novo emisario de Vigo está actualmente rematado, tan só pendente do tramo de condución que decorre pola cidade de Vigo, que se espera rematar a finais de ano

Santiago, 21 de setembro de 2011.- A Xunta de Galicia ten previsto rematar esta mesma tarde a conexión da vella condución de abastecemento ao Morrazo, que rexistrou varias roturas nos últimos tempos, coa nova, instalada por Augas de Galicia no marco da obra ampliación do abastecemento ao Morrazo desde Vigo.Os traballos para levar a cabo esta conexión comezaron o pasado día 8 de setembro, ao día seguinte a que o Concello deu autorización para executar o by-pass e máis de dous meses despois de solicitalo formalmente Augas de Galicia ao propio Concello. Deste xeito, en menos de dúas semanas xa está lista esta conexión, que poderá utilizarse en caso de que se produza unha rotura como a de comezos deste mes de setembro, asegurando ao subministro ao Morrazo.  Esta conexión realizouse a través dun by-pass duns 260 metros de lonxitude, en tubaxe de fundición dúctil de diámetro de 450 milímetros. A Xunta de Galicia destaca o traballo feito pola empresa contratista, UTE Bardera-Excover, que puxo todos os medios para poder executar a actuación no menor tempo posible. O Goberno galego espera que non se repitan os impedimentos provocados polo Concello de Vigo (que chegou a paralizar as obras por dúas veces) e retrasou unha actuación imprescindible para a península do Morrazo, que segundo o proxecto inicial podería estar terminado no pasado mes de xullo. Por este mesmo retraso, a Xunta solicitou no mes de xullo executar o referido ao by-pass para conectar ambas as dúas canles, e financiado integramente pola Xunta, de modo que se gañase tempo se había dificultades, como así foi. Unha vez recibida a autorización do Concello en setembro, a obra estivo feita en menos tres semanas, como xa se anunciara. O novo emisario de Vigo está actualmente rematado, tan só pendente do tramo de condución que decorre pola cidade de Vigo, que se espera rematar a final de ano e o tramo terrestre de Moaña incluso foi entregado ao concello para a súa entrada en servizo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: