Noticias Ayuntamiento de Vigo. 21-09-11


O alcalde anuncia o inicio dunha campaña de consumo responsable de auga de non preverse choivas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que, de continuar as previsións metereolóxicas sen choivas, o goberno local iniciará unha campaña cidadá en medios para chamar ao consumo responsable de auga, dado que o gasto do Concello xa é “mínimo” desde hai un mes. O primeiro edil indicou que estamos nunha “situación moi difícil”, co volume embalsado en Eiras dun 54,4% e en Zamáns dun 45,5%.

 


O Concello elaborará un anteproxecto para divulgar a Batalla de Rande

O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que encargará un anteproxecto que permita “exhibir, reproducir e describir de forma atractiva” o contexto económico, social e político no que se desenvolveu a Batalla de Rande. Anunciou que, dado que a Xunta traballa nunha iniciativa similar, estableceremos contacto coa Consellería de Cultura -dixo- para presentar unha iniciativa conxunta “que poidéramos levar a Europa para acceder a axudas comunitarias”.

 


Caballero respalda a proposta dos comerciantes de reformar os espazos do novo Mercado do Progreso

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á Asociación de Comerciantes do Progreso, quen plantexou ao Concello unha modificación do proxecto da obra de reforma do Mercado, unha nova redistribución dos espazos interiores que non suporía sobrecuste nin unha demora na inauguración, prevista para o próximo verán. Caballero garantiu a cooperación do goberno local na iniciativa.

 

Caballero avanza que cinco liñas do transporte público serán gratuitas mañá xoves

O alcalde anunciou esta medida no marco da Semana Europea da Mobilidade e co obxectivo de “promocionar” o uso do transporte público na cidade de Vigo. Mañá xoves, 22 de setembro, os vigueses que empreguen as liñas C2, 12A, 12B, 13 e 31 viaxarán de balde.

 


Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 22 de setembro ás 18.00 horas a proxección do filme “AMERRIKA” de Cherien Dabis, incluído dentro do programa de actividades do Centro da Concellería de Igualdade de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: