O ACUARIO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA EXHIBE UN DOS CATRO ÚNICOS CAZÓNS BRANCOS QUE PODEN CONTEMPLARSE EN ESPAÑA

Trátase  dunha  femia  dun  metro  de  lonxitude  e  de  entre  5  e  7  anos,  que  podería  estar  embarazada. Doada  polo  Acuario  de  O  Grove,  compartirá  espazo  coas  máis  de  corenta  especies  que  xa  se  mostran  no  acuario  do museo.
Vigo, 21 de setembro de 2011.- O acuario do Museo do Mar de Galicia exhibe, dende hoxe, un exemplar de cazón branco (Mustelus asterias), un dos catro únicos desta especie que poden observarse en acuarios nacionais, e que é unha doazón do Acuario de O Grove.
Trátase dun tipo de quenlla moi común nas costas galegas, concretamente unha femia de aproximadamente un metro de lonxitude e entre os 5 e 7 anos de idade, que posiblemente estea embarazada. Atopouse preto da costa, lugar onde adoitan acudir as femias desta especie para parir ás súas crías. Unha circunstancia que, sumada o seu tamaño e a época do ano na que foi recollida, dan base a esta sospeita.
A reprodución deste tipo de cazóns é ovovivípara: reteñen os ovos fecundados no seu útero durante uns 12 meses aproximadamente. Cumprido o tempo de incubación, o habitual e que dean a luz a entre 7 e 15 pequenas quenllas por parto, dun tamaño de ao redor de 30 centímetros de lonxitude. Os recen nacidos non necesitan ningún coidado materno, son totalmente independentes e buscan o seu alimento dende o primeiro momento.
Este tipo de quenlla acada a madurez sexual preto dos 11 anos e pode vivir uns 25. Non é unha especie agresiva polo que compartirá tanque coas máis de 40 especies –entre peces e invertebrados-, que compoñen a familia do acuario do Museo do Mar de Galicia. No medio natural vive próxima á costa, na plataforma continental, dende zonas intermareais ata os 100 metros de profundidade. O seu hábitat son os fondos areosos e de grava, e aliméntase de crustáceos como cangrexos ou lagostas. A reproducción deste tipo de cazóns e ovovivípara: reteñen os ovos fecundados no seu útero durante uns 12 meses aproximadamente. Cumprido o tempo de incubación, o habitual e que den a luz a entre 7 e 15 pequenos tabeiróns por parto, dun tamaño de ao redor de 30 cm de lonxitude.

Os recén nacidos non necesitan ningún coidado materno, son totalmente idependentes e buscan o seu alimento dende o primeiro momento.
Este tipo de musola acada a madurez sexual preto dos 11 anos e pode vivir uns 25. Non é unha especie agresiva polo que compartirá tanque coas máis de 40 especies –entre peces e invertebrados-, que compoñen a familia do Acuario do Museo do Mar de Galicia.
No medio natural vive próxima á costa, na plataforma continental, dende zonas intermareais ata os 100 metros de profundidade. O seu habitat son os fondos arenosos e de grava, e aliméntase de crustáceos como cangrexos  ou lagostas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: