A presenza de NCG Banco en Galicia triplica en número de sucursais aos seus 30 competidores

A entidade posúe o 45% das oficinas financeiras que existen na Comunidade

–  Novacaixagalicia conta tamén coa rede máis extensa do noroeste de España
–   NCG anticipa un ano o plan de optimización tras pechar 325 sucursais en 2011

23.09.2011. Novacaixagalicia (NCG) é a entidade financeira coa rede de sucursais máis extensa das 30 que operan en Galicia, triplicando en número a seguinte entidade con máis oficinas no territorio galego. Con 716 oficinas en Galicia, NCG posúe o 45% das sucursais financeiras situadas na comunidade galega, sendo líder nas catro provincias. En Ourense, Novacaixagalicia chega a cuadriplicar en número de oficinas a seguinte entidade; en Pontevedra case o triplica e en Lugo e A Coruña, NCG conta con máis do dobre de sucursais que a seguinte entidade financeira con presenza nestas provincias. Medido en volume de negocio (activo e pasivo xestionado), a cota de mercado de NCG Banco en Galicia alcanza o 41%, a cifra máis elevada de calquera entidade financeira española no seu territorio de orixe.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: