Declaracións Miguel Santalices sobre hospital público de Vig

Segundo voceiro de Sanidade Miguel Santalices o Presidente da Xunta deixou claro a dotación e equipamento co que contará a infraestrutura e non entende “cales son os motivos polos que tanto a oposición como os sindicatos non cesan no seu intento de desprestixiar o que será un dos motores da economía viguesa”
Santiago de Compostela, 23 de setembro  de 2011.- O voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, ven de ratificar as palabras do Presidente da Xunta na súa recente visita as obras do hospital público de Vigo “que entrou nunha fase imparable para converterse nun referente da sanidade pública en España”. Segundo Miguel Santalices Núñez Feijoo deixou claro a dotación e equipamento co que contará a nova infraestrutura, tanto en número de camas, 1.465, como de quirófanos, consultas externas e salas de diagnóstico por imaxe, entre outros, e non entende “cales son os motivos polos que tanto a oposición como os sindicatos non cesan no seu intento de desprestixiar o que será un dos motores da economía viguesa”.

Para o deputado popular o proxecto do novo hospital público de Vigo é a obra mais importante en materia sanitaria de España “moi necesaria e que o PPdeG fixo pasar da moqueta á realidade cun proxecto actual en obras fronte aos incumprimentos de catro anos do goberno bipartito na Xunta de Galicia, que fixo múltiples presentacións, maquetas e encargos de proxectos de plans funcionais xa definidos aos “seus amigos socialistas” pero foi incapaz de comezar a obra”.
O voceiro de Sanidade do PPdeG indicou que “nos sorprende de forma moi desagradable que o rexedor do Concello de Vigo non asistira a invitación da Xunta a visitar as obras sendo a obra mais importante en tanto a infraestrutura sanitaria se refire e amosa así a despreocupación do alcalde pola mesma”. Así recorda que o mandatario vigués “nunca se preocupou porque as obras se comezaran e incluso intenta manipular a situación provocando reunións coa Plataforma pola defensa da Sanidade Pública días antes da visita do Presidente da Xunta tratando de convencelos para mobilizarse”. Así mesmo, Miguel Santalices lamentou as afirmacións dos sindicatos que cualificou de “falsas alarmas que non obedecen  a ningún criterio real a hora de planificar este hospital tan importante”.
O voceiro popular indica que “a cidade quere que se constrúa o hospital para obter a asistencia sanitaria necesaria para Vigo e a súa área e non se entende que haxa persoas que non distingan entre os intereses políticos e os intereses básicos de primeira necesidade para os cidadáns”. Miguel Santalices recordou, así mesmo, da importancia da creación de emprego xa que xerará 2500 postos de traballo, 1000 directos e en torno a 1500 indirectos do futuro hospital.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: