Archive | septiembre 24, 2011

SANIDADE INVITA Á SOCIEDADE A FACER PROPOSTAS COA FIN DE POÑER NOME AO NOVO HOSPITAL DE VIGO

  • Búscase unha maior implicación de todos os vigueses e, ao mesmo tempo, que o novo centro conte cunha denominación propia máis aló da definición do seu emprazamento xeográfico
  • Porase en valor este centro, que supón un importante investimento na cidade olívica, un polo de atracción para o mundo de investigación e innovación e un motor de creación de emprego Leer más…

TRABALLADORES DE ESCOLAS A GALIÑA AZUL ASISTEN HOXE EN VIGO A UN CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E NUTRICIÓN

  • Recibirán formación básica sobre aspectos relacionados coa alimentación necesarios no desenvolvemento do seu labor
  • Os mesmos contidos impártense tamén hoxe noutros cursos en Santiago, Ourense e Vilagarcía chegando así a un total de 120 profesionais destes centros infantís Leer más…

A AULAS CEMIT DE VILAGARCÍA DE AROUSA, MARÍN, VIGO E A CAÑIZA ACOLLERÁN A VINDEIRA SEMANA UN CURSO PARA COÑECER TODO O RELACIONADO COA CREACIÓN DE VIDEOXOGOS

  • A actividade forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)
  • O programa inclúe de aquí a decembro dous cursos máis relacionados co sector multimedia e audiovisual no que aínda quedan prazas dispoñibles
  • Os interesados nestes cursos gratuítos poden inscribirse no 902 222 321, ou a través da web, http://www.cmg.xunta.es
  • A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación dixital

Santiago, 24 de setembro de 2011.- As aulas de Vilagarcía de Arousa, Marín, Vigo e A Cañiza da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) acollerán a partir deste luns, 26 de setembro, un curso gratuíto sobre Creación de videoxogos a través do cal o alumnado coñecerá os segredos que rodean a este sector en Galicia. O curso forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia. Leer más…

RUEDA DESTACA A APOSTA DA XUNTA POLO EMPREGO DAS NOVAS TECNOLOXIAS NOS CONCELLOS DO RURAL GALEGO

  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza inaugurou hoxe o Centro Telemático de Crecente

Santiago, 24 de setembro de 2011.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda resaltou hoxe na inauguración do novo centro telemático do concello de Crecente a aposta da Xunta pola extensión das novas tecnoloxías por todo o territorio galego, especialmente no ámbito rural. Rueda destacou que dende o goberno galego se está a investir para estender redes de centros, como o que hoxe se inaugura, e a cobertura de banda ancha para garantir o acceso de Internet a todas os cidadáns. Segundo palabras do conselleiro da Presidencia, imos avanzando cara unha “Galicia Global”, unha Galicia Única na que todos os galegos reciben un trato equitativo por parte do seu goberno, polo que para acadar esa Galicia Única necesitamos dar un forte impulso ao rural. Leer más…

MUSEO DE PONTEVEDRA, INAUGURACIÓN DE LA EXPOSICIÓN “NO NIÑO NOVO DO VENTO. CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO”.

Viernes  30 – En el Sexto Edificio del Museo de Pontevedra, organismo autónomo de la Diputación, se inaugurará el próximo viernes, día treinta de septiembre, la exposición “No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro”, organizada por la Consellería de Cultura e Turismo, la Editorial Galaxia y la Fundación Penzol para conmemorar el centenario del nacimiento del escritor mindoniense. Leer más…

PRIMEIRA XUNTANZA CLUB BALONMAN TEIS -Oganizado ex-jugadores de Vigo.

Buenos días, en primer lugar quiero presentarme, soy Felipe Gutiérrez, el que fuera presidente del Balonmán Teis, a cuyo CLUB pertenecí durante casi 20 años, realizando todo tipo de funciones dentro del mismo, (Delegado de equipo, Delegado de Campo, Ayudante entrenador, y pasando por todos los puestos de la directiva hasta llegar al de presidente durante cuatro temporadas en el cargo y que por motivos de traslado de trabajo tuve que dejar) pues bien, después de tantos años, al encontrarme con los ex jugadores, todos comentábamos lo mismo, el organizar un encuentro entre todos los que pertenecimos a ese club en la década de los 80 y 90. Leer más…