O BNG presenta unha moción para que se limiten os cobros abusivos nas comisións bancarias
A aplicación destas cláusulas abusivas e inxustas por parte das entidades financeiras non pode ser consentida de maneira indefinida Leer más…
A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de setembro ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
Despois deste descanso estival, a Rede volve a convocar á concentración, á denuncia, a visibilidade na rúa, da barbarie que se está levando a cabo coas mulleres.
Este ano non é diferente, os nosos esforzos son cada día máis, pero non podemos evitar os asasinatos das mulleres, que este ano son máis que o anterior.
Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avanzemos e todas e todos rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Este mes a persoa encargada do comunicado é Paula Mariño Pazó, Artista Plástica.
Comunicado concello de Seguridade de Vigo
Vigo, 26 de setembro de 2011.– A Concellería de Seguridade quere aclarar que as cisternas emprazadas na nave no que se produciu o incendio desta mañá non contiñan amoníaco, aínda que, como medida de precaución, os bombeiros usaron equipos autónomos como unha práctica habitual sempre que traballan en instalacións pechadas. Sí se atoparon pequenas cantidades de amoníaco nas máquinas de envasado, pero en níngún caso supuxeron perigo algún, segundo aseguran responsables dos bombeiros, que sobre as 18,00 horas desta tarde xa remataran o seu traballo. A Policía Local indica que a nave estaba prácticamente en desuso, funcionando unicamente as oficinas e, concretamente, no momento do incendio había unhas oito persoas, que foron desaloxadas sen danos personais.
Concellería de Seguridade do Concello de Vigo
O CONCERTO DE LUZ CASAL ACAPARA O SAN FROILÁN 2011
Nos cartaces encontrarás un código QR, para comprar a entrada dende o móvil. Están á venda un número limitado de entradas para o seu concerto en Lugo o vindeiro 5 de Outubro O concerto de Luz Casal en Lugo será o concerto estrella do vindeiro San Froilán, nun esperadísimo evento na provincia que levantou gran expectación entre os lucenses. A artista chega a Lugo despois de celebrar unha xira multitudinaria por toda a xeografía española, na que percorreu as principais cidades de Galicia. Tódolos seus fans teñen unha cita inexcusable coa artista de Boimorto o vindeiro 5 de outubro as 21:00 no Pazo Municipal dos Deportes de Lugo.O principal punto de venda é a oficina de Turismo da Praza do Campo, onde prosigue a venda cun importante ritmo de entradas. Tamén nos cartaces do concerto que se poden encontrar por toda a cidade de Lugo, poderás comprar a túa entrada a través do código QR directamente.
As entradas se poden adquirir en www.servinova.es ou na oficina de Turismo da Praza do Campo. Os precios oscilan entre os 20 e os 25 € (máis gastos de distribución).
Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-09-11
O Pleno aproba unha bonificación fiscal que permitirá fraccionar ou aprazar débedas inferiores a 400 euros![]() A nova bonificación fiscal municipal permitirá aprazar ou fraccionar ás débedas tamén inferiores a 400 euros para aquelas persoas sen ingresos durante alomenos seis meses, desempregados de longa duración e cunha renda inferior a dúas veces o indicador do IPREM. A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, levou este luns a modificación da ordenanza fiscal xeral ao Pleno da Corporación, tras a moción de urxencia nacionalista da pasada sesión. |
Vigo cede máis de 2.000 títulos da Fundación Fernández del Riego a Lourenzá, concello natal do escritor |
O Concello insta á Xunta de Galicia a restituir as axudas de normalización lingüística![]() O Pleno da Corporación municipal de Vigo, cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a oposición do PP, acordou este luns aprobar unha moción do BNG instando ao goberno autonómico a restituir con urxencia as achegas aos municipios para a normalización lingüística, con prioridade «á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos municipais de Normalización». |
PSOE e BNG instan á Xunta á incrementar as partidas do «cheque infantil»![]() Os votos de nacionalistas e socialistas permitiron aprobar unha moción que defendeu a concelleira de Educación, Raquel Díaz, na que se esixe á Xunta a retirada da decisión de diminuir ás axudas a garderías e, pola contra, que incremente o chamado «cheque infantil». Na sesión plenaria desta mañá tamén se decidiu instar á Deputación provincial a invertir en Vigo. |
Ayuntamiento de Porriño
La villa del louro continúa con la celebración de las fiestas del cristo
Después de un intenso fin de semana, mañana habrá como cada tarde
animación de calle y el Club Pasos realizará una exhibición de bailes de salón.
El concello do porriño programa actividades para las diferentes asociaciones DEL MUNICIPIO
Se ofertarán actividades lúdicas y formativas a lo largo de todo el curso para todos los grupos de edades con el objetivo de aportar alternativas atractivas y saludables para la ocupación del tiempo de ocio
El plazo de inscripción permanecerá abierto, en la sede de cada una de las entidades, hasta este jueves, 29 de septiembre
Programa Marcas Renombradas de Alto Potencial Internacional (MAPI) para impulsar a internacionalización
TELEFÓNICA HA MEJORADO LAS CONDICIONES DE ACCESO A LA RED EN 72 MUNICIPIOS DE GALICIA
En el conjunto de España la medida ha beneficiado a un total de 667 municipios rurales de 16 Comunidades Autónomas
A XUNTA DE GALICIA ADXUDICA A EXECUCIÓN DUNHA GLORIETA NA TRAVESÍA DE ARBO POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 208.000 EUROS
A execución desta infraestrutura permitirá reordenar a intersección no punto quilométrico 18+550 da estrada PO-400 para mellorar a visibilidade e a seguridade do vial
- Este proxecto beneficiará a preto de 4.000 veciños do concello pontevedrés de Arbo
Santiago, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar, a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), as obras da glorieta na travesía de Arbo co obxectivo de mellorar a seguridade viaria neste concello pontevedrés. O Goberno galego investirá neste proxecto máis de 208.000 euros. As obras comezarán ao longo deste trimestre. Leer más…
Os delegados de Isolux Naval continuarán co seu peche despois de que a empresa se negase a recolocar o traballador despedido
Os máis de 80 empregados/as que ten a compañía de construción naval en Vigo decidirán esta tarde en asemblea as seguintes mobilizacións
VIGO/26-09-11
Os tres delegados de persoal e o traballador despedido de Isolux Naval manterán o seu peche nas oficinas da empresa en Vigo despois de que a compañía lles comunicara que non ten pensado readmitilo. Os máis de 80 empregados /as da compañía na cidade decidirán esta tarde (17.30 horas) en asemblea os seguintes pasos a dar para rexeitar a decisión. Leer más…