A XUNTA DE GALICIA ADXUDICA A EXECUCIÓN DUNHA GLORIETA NA TRAVESÍA DE ARBO POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 208.000 EUROS

  • A execución desta infraestrutura permitirá reordenar a intersección no punto quilométrico 18+550 da estrada PO-400 para mellorar a visibilidade e a seguridade do vial
  • Este proxecto beneficiará a preto de 4.000 veciños do concello pontevedrés de Arbo

Santiago, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar, a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), as obras da glorieta na travesía de Arbo co obxectivo de mellorar a seguridade viaria neste concello pontevedrés. O Goberno galego investirá neste proxecto máis de 208.000 euros. As obras comezarán ao longo deste trimestre.

O obxecto das obras, que beneficiarán aos cerca de 4.000 veciños de Arbo, é dar solución aos problemas de tráfico provocados por unha intersección en cruz situada nunha zona urbana consolidada na que conflúen un importante número de vehículos, xa que un dos viais serve de conexión ao centro urbano de Arbo, mentres que a estrada principal (PO-400) une as localidades pontevedresas de Salvaterra e Filgueira A visibilidade nesta zona é insuficiente por mor da proximidade das edificacións, o que da lugar a situacións de perigo para o condutor á hora de levar a cabo as distintas manobras. Na actualidade esta situación de risco resólvese mediante a disposición de semáforos, o que provoca unha incomodidade para o condutor ao empregar máis tempo no percorrido A solución adoptada consiste na execución dunha glorieta que permita a circulación rotatoria arredor dunha isleta central polo que xa non serían necesarios semáforos que, porén, seguiranse a manter co obxecto de facilitar o paso por parte dos peóns.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: