Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-09-11

O Pleno aproba unha bonificación fiscal que permitirá fraccionar ou aprazar débedas inferiores a 400 euros

A nova bonificación fiscal municipal permitirá aprazar ou fraccionar ás débedas tamén inferiores a 400 euros para aquelas persoas sen ingresos durante alomenos seis meses, desempregados de longa duración e cunha renda inferior a dúas veces o indicador do IPREM. A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, levou este luns a modificación da ordenanza fiscal xeral ao Pleno da Corporación, tras a moción de urxencia nacionalista da pasada sesión.

 


Vigo cede máis de 2.000 títulos da Fundación Fernández del Riego a Lourenzá, concello natal do escritor

Abel Caballero deu hoxe cumprimento a un dos desexos que sempre manifestou o escritor Francisco Fernández del Riego de colaborar no enriquecemento bibliográfico da biblioteca pública da súa localidade natal, Lourenza, en Lugo. Así, o asinou hoxe luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de acordo co Padroado da Doazón da Biblioteca Fernández del Riego do Concello. Deste xeito, a biblioteca pública municipal “Juana de Ibarbourou”, de Lourenzá, recibirá un lote de 2.684 títulos de libros e folletos do seu fondo de repetidos. O acto de cesión tivo lugar esta mañá na propia biblioteca Fernández del Riego.

 

O Concello insta á Xunta de Galicia a restituir as axudas de normalización lingüística

O Pleno da Corporación municipal de Vigo, cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a oposición do PP, acordou este luns aprobar unha moción do BNG instando ao goberno autonómico a restituir con urxencia as achegas aos municipios para a normalización lingüística, con prioridade “á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos municipais de Normalización”.

 

PSOE e BNG instan á Xunta á incrementar as partidas do “cheque infantil”

Os votos de nacionalistas e socialistas permitiron aprobar unha moción que defendeu a concelleira de Educación, Raquel Díaz, na que se esixe á Xunta a retirada da decisión de diminuir ás axudas a garderías e, pola contra, que incremente o chamado “cheque infantil”. Na sesión plenaria desta mañá tamén se decidiu instar á Deputación provincial a invertir en Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: