O BNG presenta unha moción para que se limiten os cobros abusivos nas comisións bancarias

A aplicación destas cláusulas abusivas e inxustas por parte das entidades financeiras non pode ser consentida de maneira indefinida

A Guarda, 21 setembro 11. O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no rexistro do concello da Guarda, unha proposta na que solicita que o Goberno do estado adopte medidas para impedir que se produzan aumentos das comisións que aplican as entidades bancarias.

Na proposta do BNG solicítase que se realice unha supervisión das comisións das entidades financeiras estabelecendo límites máximos que teñan en conta o custo real do servizo prestado. O BNG tamén solicita que se obrigue as entidades bancarias a ofrecer de forma transparente o importe das comisións polos distintos servizos. Para o BNG é necesario que se aproben de forma inmediata as normas legais precisas para evitar que por parte das entidades financeiras se manteña o cobro abusivo en concepto de mantemento ou administración de contas correntes ou de aforro, e obrigar á devolución das cantidades ingresadas en caso de persistir nesta práctica.

O BNG lembra que as comisións que as cobran as entidades financeiras experimentaron unha subida significativa en plena crise económica, ao mesmo tempo que seguen acumulando cuantiosos beneficios, 3.174 millóns de euros no primeiro trimestre deste ano.

A aplicación destas cláusulas abusivas e inxustas por parte das entidades financeiras non pode ser consentida de maneira indefinida. Non é xusto que mentres estas entidades acumulan cuantiosos beneficios restrinxan o crédito a maioría de persoas, pequenas e medianas empresas e sigan cobrando comisións abusivas diante dunha crise económica sen precedentes”, subliña o portavoz municipal do BNG, Xan Lois lomba.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: