Os delegados de Isolux Naval continuarán co seu peche despois de que a empresa se negase a recolocar o traballador despedido

Os máis de 80 empregados/as que ten a compañía de construción naval en Vigo decidirán esta tarde en asemblea as seguintes mobilizacións

VIGO/26-09-11

Os tres delegados de persoal e o traballador despedido de Isolux Naval manterán o seu peche nas oficinas da empresa en Vigo despois de que a compañía lles comunicara que non ten pensado readmitilo. Os máis de 80 empregados /as da compañía na cidade decidirán esta tarde (17.30 horas) en asemblea os seguintes pasos a dar para rexeitar a decisión. Segundo explican os representantes dos traballadores/as da empresa que na actualidade realiza traballos para Vulcano e Metalships, a decisión de pecharse adoptouse o pasado venres despois de que o xefe de recursos humanos do grupo en Galiza lle presentase a carta de despedimento a un dos administrativos que traballan nas oficinas viguesas, “aínda que hai outra compañeira afectada máis en Vigo e dúas ou tres persoas máis na Coruña”.

A reestruturación da compañía está a motivar despedimentos en todo o Estado español, onde segundo os delegados da CIG hai xa máis de 50 persoas afectadas. Esta mesma mañá tivo lugar unha xuntanza cun responsábel da empresa chegado de Madrid para abordar o despido. A proposta dos representantes dos traballadores/as foi a recolocación da persoa afectada, “algo ao que a compañía se nega en rotundo”. Diante disto, os traballadores/as decidirán esta tarde en asemblea as medidas a adoptar para lograr a readmisión do seu compañeiro. O propio responsábel de Isolux recoñeceu que Vigo é o único lugar onde os despedimentos están a ter contestación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: