A XUNTA TRASLADA AO CONCELLO E AOS VECIÑÓS DE VILABOA A SÚA TOTAL COLABORACIÓN, PERO RECORDA QUE A SOLUCIÓN PARA OS NÚCLEOS DO LITORAL PASA POLA MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS E A APROBACIÓN DO PLAN XERAL

O conselleiro de Medio Ambiente sinala que con estas dúas ferramentas resolveríase este problema, dentro do estrito cumprimento da lei
Afirma que os responsables das administracións locais deben interiorizar que a solución para os problemas urbanísticos pasan pola aprobación dos plan xerais de ordenación municipal
Hernández informa de que na actualidade neste concello hai 29 recursos pendentes de resolución, dos cales 5 son en firme e “nas que a Xunta actúa por estrito mandato xudicial”
Pontevedra, 30 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vén de trasladar aos membros da Plataforma Veciñal Salvemos Vilaboa e aos representantes deste concello pontevedrés a total colaboración da Xunta de Galicia, para abordar un solución válida e definitiva para as vivendas de Vilaboa afectadas pola Lei de Costas. Así llo trasladou esta tarde no decurso dunha reunión celebrada na Delegación de Pontevedra, na que tamén participou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, María Martínez Allegue.
Neste encontro, Hernández recordou que a solución para o problema relativo ás vivendas que están na zona de Costa está da man do departamento de Costas do Estado, coa modificación da Lei de Costas actual; e do propio Concello de Vilaboa, coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. “Con estas dúas ferramentas resolveríase este problema dentro do estrito cumprimento da lei”, sentenciou.

Manifestou que, sobre a primeira das solucións, os propios grupos con representación no Parlamento galego estaban de acordo nesta cuestión, polo que solicitou ao Goberno do Estado que sexa sensible con esta realidade, que tamén afecta ao outros concellos da Comunidade galega, como por exemplo Marín.
Sobre a segunda medida para arranxar a situación que existe en Vilaboa, instou ao Concello a definir o plan xeral, xa que tramitar e aprobar esta figura de planeamento daría unha solución definitiva. Indicou que dende o departamento que dirixe non se observa unha vontade clara para tramitar o Pxom, ao que engadiu que os responsables do concello de Vilaboa, en particular, e dos concellos de Galicia, en xeral, “deben interiorizar que as solucións para os problemas urbanísticos pasan pola aprobación dos plan xerais de ordenación municipal”, advertiu.
Ordes de derribo
Agustín Hernández destacou que na actualidade existen 29 recursos pendentes de solución no Concello de Vilaboa, dos cales 5 son resolucións en firme, nas que a Xunta ten que actuar por mandato xudicial, precisou.
Ao mesmo tempo, lamentou que todas as acusacións apunten á Administración autonómica, que sempre trasladou a máxima sensibilización ante esta situación; e non na administración estatal que é o organismo con competencia para actuar.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: