Os traballadores de Isolux Naval desconvocan as protestas despois de que a empresa se comprometese a recolocar no futuro ao despedido

2011 09 30FinPecheIsolux.JPG FinPecheIsolux.

Os empregados da firma con sede en Vigo aprobaron por unanimidade en asemblea o abandono das mobilizacións iniciadas a semana pasada

VIGO/30-09-11
Os traballadores/as de Isolux Naval aprobaron hoxe por unanimidade na asemblea celebrada nas oficinas da empresa en Vigo desconvocar as mobilizacións iniciadas a semana pasada para esixir a readmisión dun compañeiro. O propio afectado solicitoulles o abandono das protestas despois de que a dirección da compañía se comprometese a readmitilo non futuro unha vez que aumente a carga de traballo.

O afectado explicou que tomou a decisión para non prexudicar os seus compañeiros/as nin comprometer a carga de traballo existente na empresa que traballa fundamentalmente no sector naval e agradeceulles a solidariedade amosada en oito días de conflito. Neste senso, salientou especialmente o compromiso dos tres delegados de persoal, da CIG, co seu problema laboral e valorou moi positivamente que decidisen comezar un peche reivindicativo nas instalacións da firma nada máis coñecer o seu despedimento.
Finalmente, animou os seus compañeiros/as a loitar pola defensa dos seus postos de traballo e das súas condicións laborais no futuro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: