Archivo | septiembre 2011

ECONOMÍA E INDUSTRIA DISPORÁ DUN ESPAZO PROPIO EN BIOATLANTIC PARA ACHEGAR INFORMACIÓN DOS SERVIZOS E AXUDAS DO IGAPE

-O Instituto Galego de Promoción Económica facilitará a empresarios e profesionais visitantes información sobre os servizos, instrumentos e apoios ás actividades empresariais

A directora de BIC Galicia, Maite Cancelo, pronunciará un relatorio sobre os resultados do programa Bioemprende, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza liderada pola sociedade dependente do IGAPE

 

Tasquinhas "Sabores e Tradição" em Valença

A Câmara Municipal de Valença promove uma mostra gastronómica, com as Tasquinhas “Sabores e Tradições”, no fim de semana de 1 e 2 de Outubro, no Mercado Municipal, com petiscos, vinhos, pratos tradicionais e uma desfolhada. Leer Más…

O presidente do comité de Vitrasa, da UGT, dimite tras a brutal agresión do responsábel de Transportes do seu sindicato a un afiliado da CIG

Os representantes dos traballadores da concesionaria dos autobuses de Vigo reclámanlle á dirección que defenda publicamente ao seu compañeiro e impida a entrada do agresor ás instalacións da empresa Leer Más…

Governo de Portugal Acolhe Candidatura da Fortaleza de Valença a Património Mundial

PresidenteeEmbaixadorUNESCO1.JPG PresidenteeEmbaixadorUNESCO

O Presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, entregou a Proposta de Candidatura da Fortaleza de Valença à inscrição na Lista Indicativa de Bens Portugueses, a Património da Humanidade, pela UNESCO, ao Secretário de Estado da Cultura, Francisco José Viegas, hoje, sexta-feira, 30 de Setembro, na Secretaria de Estado da Cultura. Leer Más…

Noticias ayuntamiento de Vigo 30.09.11


Caballero revela que seis aparcadoiros soterrados aplicarán proporcionalmente as tarifas por minuto

Segundo informou o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local acordou este venres que os aparcadoiros de Urzáiz, Praza da Independencia, Coruña, Venezuela, Fernando el Católico e Praza do Rei pasen a aplicar as tarifas por minuto con independencia do tempo de estacionamento. O goberno acata así unha sentenza xudicial que entrará en vigor de inmediato.

 


O alcalde anuncia a aprobación do proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, co 52% de vivenda protexida

Explicou Abel Caballero que o Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres deu luz verde ao proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito de 12.500 metros cadrados, con 2.000 metros cadrados de zonas verdes e unha parcela de 800 metros para a construcción de vivenda protexida. O rexedor indicou que este ámbito “reflicte moi ben o espíritu do PXOM”. Das 120 vivendas que inclúe, o 52% terán algún tipo de protección.

 


Abel Caballero defende o vehículo eléctrico como estratexia contra o cambio climático

“Observamos con preocupación que a crise, de gran dureza, e a necesidade de pervivencia están a cambiar la escala de valores”, apuntou o alcalde, un cambio no que o medioambiente non pode ver alterada a súa posición prioritaria na axenda política. Caballero participou este venres no Auditorio Mar de Vigo na mesa “Mobilidade Urbana. Vehículo Eléctrico”, dentro do I Foro Atlántico de Desenvolvemento Sostible.

 


Caballero recibiu ao comandante do buque da Armada española Juan Carlos I

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá de hoxe venres un encontro institucional co comandante do buque da Armada Española Juan Carlos I, Cristóbal González-Ayer Lacalle. Na recepción oficial tamén estivo presente o comandante naval de Vigo, Joaquín Ballesteros.

 


Teatro familiar no Auditorio Municipal

A compañía Marie de Jongh subirá ao escenario do Auditorio Municipal o domingo 2 de outubro ás 18 horas para retratar en “Humanos” a dous robots aparentemente humanos que recrean condutas humanas onde nada é para sempre. Prezo: adultos 5 €, menores de 12 anos 3 €

 


A Fundación Laxeiro inaugura a exposición “No me escribas, tampoco verte” de Pepe Beas



A Fundación Laxeiro presenta “No me escribas, tampoco verte”, unha videoinstalación do artista pepebeas (Córdoba, Arxentina, 1955) que se inscribe dentro do proxecto Entre mares, unha colaboración da fundacion co Collblanc espai d’art de Castellón.

 

Obradoiros de “Concienciación medioambiental: Aforro de auga”

A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado organiza oito obradoiros de concienciación medioambiental para o aforro de auga, dous en cada un dos centros cívicos municipais, cunha duración de 2 horas e 30 minutos que se desenvolverán nas seguintes datas e horarios:

 

Establemento de sentido único en varias rúas da cidade

LA GEOTERMIA SE PRESENTA COMO LA ENERGIA RENOVABLE MÁS EFICIENTE

– Las instalaciones geotérmicas permiten ahorrar hasta un 75% en la factura energética
-Galicia concentra el 30% de las instalaciones geotérmicas de España. El ratio de instalaciones por habitante es 6 veces superior al resto de España
-La comunidad es un área de gran potencial para el desarrollo de este tipo de energía por su climatología y su subsuelo Leer Más…

Misión Comercial TIC O Brasil: EGANET reforza a ponte entre o sector TIC galego e o brasileiro

Alejandro Lamas, Víctor López e Dani Cerqueiro (de izq. a der.), onte en São Paulo, Brasil.jpg Alejandro Lamas, Víctor López e Dani Cerqueiro (de izq. a der.), onte en São Paulo, Brasil.

Eganet atópase inmersa na súa Misión Comercial TIC O Brasil durante esta semana, na que os representantes da asociación están levando a cabo reunións e conferencias con entidades do sector TIC do país emerxente. A Asociación Brasileira de Empresas de Software (ABES), o Centro de Competencias de Software Libre (CCSL) ou o Instituto Brasileiro da Tecnoloxía da Información (IBRATI) son, entre outras, as institucións coas que a xunta directiva de Eganet está en plenas conversacións para establecer unha ríxida ponte entre o sector TIC galego e o brasileiro, un sector ascendente e cun futuro envexable. Leer Más…

Concerto dos Meninos Carentes na Cova dos Ratos, Vigo. SÁBADO 1 OUTUBRO, a partir das 22:00 horas

SÁBADO 1 OUTUBRO, a partir das 22:00 horas.

Concerto dos Meninos Carentes na Cova dos Ratos, Vigo.

Os meninos carentes interpretarán clásicos do reggae e funki brasileiro acompañando o repertorio por algunha improvisación e temas propios.
ENTRADA DE VALDE

+ info: http://www.minhoreggaesplash.com/meninos-carentes-en-a-cova-meninos-carentes-minho-reggae-30.php?op=1

Leer Más…

Novacaixagalicia promove o desenvolvemento sostible a través do ciclo ‘Cinema e Medio Ambiente’

EN NATURNOVA DESDE O 5 DE OUTUBRO

A quinta edición do ciclo comeza co documental ‘Microcosmos’

30.09.2011 Novacaixagalicia iniciará o vindeiro mércores 5 de outubro en Naturnova, a quinta edición do ciclo de cine ‘Cinema e Medio Ambiente’ dirixido ao público en xeral e, en particular, a todas as persoas comprometidas coa sustentabilidade e o coidado da natureza. O obxectivo da programación é transmitir ideas novas e prácticas aplicadas ao desenvolvemento sostible. As proxeccións realizaranse no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo (con entrada por Velázquez Moreno, 20), os mércores ás 20.30 horas e os domingos e festivos ás 19 horas. O ciclo finalizará o 16 de novembro.

 

HERNÁNDEZ SOLICITA UNHA REUNIÓN CO SECRETARIO DE OBRAS PÚBLICAS DE PORTUGAL PARA TRATAR O FACILITAMENTO DO SISTEMA DE PAGO NAS PEAXES DAS AUTOVÍAS LUSAS

  • Dende a Consellería indicase que é preciso o pago en efectivo na propia autovía, a optimización do sistema de compra de dispositivos en territorio español ou a implantación dun sistema que fose compatible co Vía-T español
  • No que se refire ás sancións, a solicitude de moratoria aos condutores estranxeiros, foi unha das peticións que se lle fixo chegar ao Goberno luso
  • O Goberno galego mantense en contacto co Goberno portugués, consciente da importancia económica e social que ten para os galegos a mellora da mobilidade entre Galicia e Portugal Leer Más…