MAR CONVOCA AOS COCIÑEIROS DOS COLEXIOS PÚBLICOS PARA MELLORAR A ACHEGA DE PRODUTOS DO MAR GALEGOS AOS COMEDORES ESCOLARES

  • Responsables de cociña dos centros adscritos á campaña `O sabor da aventura está no mar´ reuníronse en Santiago para intercambiar experiencias sobre o programa

Santiago, 7 de outubro de 2011.-. A Consellería do Mar organizou unha xornada técnica dirixida aos responsables de cociña e aos cociñeiros dos centros adscritos á campaña O sabor da aventura está no mar para poñer en común experiencias e propoñer alternativas para mellorar a achega de produtos do mar galegos á alimentación infantil e xuvenil no eido escolar. O encontro, celebrado no CIFP Compostela de Lamas de Abade, foi inaugurado polo director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

Responsables da Consellería explicáronlles aos participantes con detalle o obxectivo xeral do programa, que se está a desenvolver en case 150 colexios públicos da nosa comunidade, en colaboración coas Consellerías de Sanidade e Educación. A campaña, destinada ao público infantil de entre 6 e 12 anos, pretende proporcionar coñecementos sobre o mundo do peixe e o marisco aos nenos e transmitirlles a importancia da súa presenza na dieta incidindo nas achegas nutritivas. Faise a través de actividades lúdicas e formativas, cun obradoiro dunha hora de duración por cada grupo de idade e o cátering semanal de pratos preparados a base de peixe galego fresco. Dende que comezou a campaña, no 2010, lévanse realizados case 150 obradoiros nos que participaron máis de 24.200 nenos.

No encontro houbo unha sesión práctica de cociña sobre o emprego dos produtos do mar nos menús, para que os participantes coñecesen novas modalidades de como cociñar a base de produtos frescos da pesca e da acuicultura. A día de hoxe, a Consellería distribuíu entre os escolares dos centros públicos máis de 162.000 racións preparadas a base de produtos do mar de Galicia. Algúns pratos que se degustan no marco da campaña son a fideuá de mexillóns, a hamburguesa de sardiña, a pizza mariñeira ou a lasaña mariñeira. As especies que a Consellería emprega neste programa son proporcionadas polas organizacións de produtores, fundamentalmente xurelo, xarda, lirio e pescada, así como rodaballo, troita e mexillón. A xornada incluiu unha mesa redonda para que Administración e actores implicados na campaña intercambiaran experiencias.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario