Archive | octubre 10, 2011

JAVIER GUERRA SALIENTA A APOSTA DA XUNTA POLOS CENTROS TECNOLÓXICOS EFICACES CENTRADOS EN XERAR VALOR

  • 20111010_JavierGuerra_04.jpg 20111010_JavierGuerra_

    O conselleiro de Economía e Industria visita o Centro Tecnolóxico Galego do Sector da Metalurxia, Aimen

  • Economía e Industria aposta pola eficacia de Aimen apoiando especialmente a construción do maior centro de aplicacións laser de España
  • Guerra salienta que no programa Interconecta, levado a cabo en colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), será fundamental o papel dos centros tecnolóxicos e destaca que esta iniciativa suporá unha “oportunidade para as pemes no eido da I+D+i”

AVIER GUERRA REITERA O COMPROMISO DA XUNTA COS TRABALLADORES DE FACTORÍA NAVAL E SALIENTA A IMPORTANCIA DA IMPLICACIÓN DOS PROPIETARIOS E DAS ENTIDADES FINANCEIRAS

JAVIER GUERRA REITERA O COMPROMISO DA XUNTA COS TRABALLADORES DE FACTORÍA NAVAL E SALIENTA A IMPORTANCIA DA IMPLICACIÓN DOS PROPIETARIOS E DAS ENTIDADES FINANCEIRAS

  • Guerra manifestou hoxe a preocupación do Goberno galego pola supervivencia do estaleiro tras a reunión mantida co comité de empresa
  • Segundo o acordado na reunión cos traballadores, o titular de Economía e Industria manterá un encontro cos propietarios para coñecer de primeira man os seus plans sobre o futuro da compañía
  • O titular de Economía e Industria recorda o apoio da Xunta á viabilidade de Factoría Naval con aportacións de preto de 23 millóns de euros
  • Guerra salienta que a Xunta tense implicado dende o primeiro momento na achega de solucións á situación de Factoría Naval, buscando o compromiso das partes co futuro da compañía e o mantemento dos postos de traballo

Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-10-11


Caballero propón a construcción dunha conducción de emerxencia entre os ríos Oitavén e Verdugo á Estación Depuradora do Casal

O Concello de Vigo vai remitir á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente un proxecto de conducción de emerxencia entre a confluencia de Verdugo e Oitavén cara a ETAP de Casal para garantir o abastecemento en previsión de que nos próximos dez días non chova. Caballero, quen recordou que a presa de Eiras está ao 46,38%, indicou que “usando o excedente de caudal dos ríos, por riba do ecolóxico, obteríamos o 60 por cento do que se consumo da cidade”.


Caballero invita á cidadanía a visitar o aula itinerante da Fundación Laboral da Construción

O alcalde de Vigo acudiu este luns á Porta do Sol, onde está ubicada un aula itinerante para a formación de ata 24 persoas no sector da construción. Caballero explicou que esta “idea notable” permite formar aos interesados nas novas técnicas e ferramentas empregadas na construción, con cursos que van desde as oito horas ata as 50.

 


O alcalde deu lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a “integración social” dos enfermos e chamando á “acción social colectiva” en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o “apoio” do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.

 


O rexedor entrevistouse cos organizadores do 23º Congreso Nacional de Libreiros, que reunirá en Vigo a unhas 250 persoas

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.

 


Novas tendencias do pensamento contemporáneo no Verbum

O Verbum acolle o martes 11, o inicio da 2ª edición do obradoiro “Novas tendencias do pensamento contemporáneo” organizado polo colectivo Proxecto Derriba e que se desenvolverá os martes e xoves de outubro, en horario de 18 a 19.30.

‘A viaxe da tartaruga’ de Nick Stringer no ciclo de cine de Novacaixagalicia en Vigo

A proxección forma parte do programa de carácter ambiental de Naturnova

–   Narra a épica viaxe de 25 anos de duración da tartaruga boba a través dos océanos

10.10.2011. O vindeiro mércores, 12 de outubro, e o domingo, 16 de outubro, ás 19 horas o Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo (Velázquez Moreno, 20) acollerá outra proxección do programa ‘Cinema e Medio Ambiente’, o novo ciclo de cine organizado por Naturnova dentro do programa de actividades de carácter ambiental da Fundación Novacaixagalicia.

NUEVA DIRECTORA DE COLECTIVOS DE ARTAI

Ángeles Ahendanech de la Torre, nueva Directora de Colectivos y Grupos de Afinidad

Se incorpora a ARTAI tras una amplia trayectoria en puestos de alta responsabilidad
en empresas del sector Este nombramiento se enmarca en la estrategia del Grupo de apostar por la
incorporación de perfiles que aporten a la Compañía valor añadido y diversificación de productos Leer Más…

GALICIA E OUTRAS TRES COMUNIDADES DO NORTE DE ESPAÑA EDITAN UNHA GUÍA PARA A VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe a primeira fase desta guía, que corresponde á vixilancia da saúde no ámbito das flotas de baixura e artesanal
  • O departamento autonómico coordinou o traballo realizado por Asturias, Cantabria e Euskadi
  • Beatriz Mato indicou que se trata dun manual “moi especializado que concreta os riscos inherentes a cada traballador segundo a modalidade de pesca, o seu posto ou as tarefas que desenvolve” Leer Más…

11-10-10 CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN FGAMT-CIG

cbaacdjf.png

convocatoria de manfiestación da FGAMT-CIG para mañá, martes 11 de outubro, para denunciar o estancamento e deterioro da negociación colectiva de ámbito estatal que afecta a sectores moi importantes da economía galega. A marcha sairá ás 11 horas dende Vía Norte e irá até o edificio da Xunta na Praza da Estrela (Vigo).

TELEFÓNICA I+D LIDERA EL REGISTRO DE PATENTES EN EL SECTOR TECNOLÓGICO ESPAÑOL

La compañía creó su oficina de patentes en 2008  y desde entonces un 25% de la plantilla ha participado como inventor en alguna de las patentes registradas.

• Telefónica I+D lleva a cabo una media al año de 100 solicitudes de patente.

Madrid, 10 de octubre de 2011.- Telefónica I+D, líder en innovación y tecnología del sector de las telecomunicaciones, considera que la investigación es la piedra angular que posibilita la generación de patentes, aspecto clave dentro de su estrategia ‘Open Innovation’. Según este modelo, se busca combinar  tecnologías emergentes  y ‘know-how’ interno con el fin de conseguir la diferenciación de los productos desarrollados y facilitar el licenciamiento de la tecnología propia a otras empresas, entre otras actividades. Leer Más…

Inicio do prazo de matrícula para os dous talleres literarios que impartirá Francisco Castro en Vigo

Os obradoiros desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro

10.10.2011. Novacaixagalicia vén de abrir o prazo de matrícula para inscribirse en calquera dos dous obradoiros literarios que organiza a entidade en Vigo no marco do seu programa de actividades. O escritor Francisco Castro impartirá ambos talleres, que se presentan baixo o título ‘Gústache escribir?’. Leer Más…