GALICIA E OUTRAS TRES COMUNIDADES DO NORTE DE ESPAÑA EDITAN UNHA GUÍA PARA A VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe a primeira fase desta guía, que corresponde á vixilancia da saúde no ámbito das flotas de baixura e artesanal
  • O departamento autonómico coordinou o traballo realizado por Asturias, Cantabria e Euskadi
  • Beatriz Mato indicou que se trata dun manual “moi especializado que concreta os riscos inherentes a cada traballador segundo a modalidade de pesca, o seu posto ou as tarefas que desenvolve”

Vigo, 10 de outubro de 2011.- Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi, veñen de editar a primeira fase dunha guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro, que presentou hoxe en Vigo a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da directora do Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral (ISSGA), Adela Quinzá, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Segundo explicou a titular de Traballo, na actualidade o método para a comprobación do estado físico e psíquico das persoas do sector se limita ao recoñecemento médico previo ao embarque que realizan os facultativos do Instituto Social da Mariña (ISM), polo que carecen dunha adecuada e continuada atención da vixilancia da saúde respecto aos riscos aos que día a día están expostos no seu traballo nas embarcacións e no porto. Mato lembrou que a pesca conta cun alto índice de incidencia de accidentes de traballo graves e mortais con respecto ao resto dos sectores –de feito, este índice duplica ao da construción–, pero enfatizou que ademais cada vez se coñecen mais enfermidades profesionais declaradas polos traballadores do sector, tales como as derivadas do ruído, das posturas forzadas e da realización de movementos repetitivos, que non deben abordarse como enfermidades comúns. Por isto, estas catro comunidades, que suman 2.400 kilómetros de litoral (a Galicia correspóndenlle 1.500), decidiron lanzar unha guía específica de vixilancia da saúde para cada tipo de actividade dentro do propio sector (pesca de baixura e artesanal, marisqueo a pé, gran altura e actividades auxiliares). A fase que se presentou hoxe corresponde ao colectivo das flotas de baixura e artesanal.

A conselleira aclarou que a decisión de que a primeira fase corresponda á baixura e a pesca artesanal ven motivada porque son as áreas que empregan a un maior número de persoas e se trata probablemente do ámbito no que menos se ten desenvolto un sistema de prevención da saúde, debido, entre outras cousas, a que a maioría son autónomos. Na guía, realizada por un grupo multidisciplinar de técnicos de prevención e de médicos do traballo dos institutos de seguridade e saúde laboral das catro comunidades, tivéronse en conta dez especialidades, tales como seus riscos asociados concretos, a súa atención específica en materia de prevención, ou os perigos de cada posto de traballo e de cada tarefa que aborda o traballador, seguindo os principios da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Beatriz Mato indicou que se trata dun manual “moi especializado que concreta os riscos inherentes a cada traballador segundo a modalidade de pesca, seu posto ou as tarefas que desenvolve” e, a partir de ahí, a guía establece os protocolos médicos e as probas específicas para facer fronte aos riscos.

Nunha serie de fichas están analizados os posibles danos para a saúde e as probas médicas que se recomenda realizar en relación aos riscos ergonómicos, hixiénicos, físicos, químicos e psicosociais que entraña cada posto. O obxectivo da mesma é ofrecer unha correcta orientación e instrumentos para implantar de xeito específico e individual a vixilancia da saúde dos traballadores do sector pesqueiro, así como contar con instrumentos para a detección de enfermidades profesionais relacionadas co traballo no sector e para facilitar a avaliación dos riscos, así como para subliñar a necesidade de establecer os mecanismos que faciliten a coordinación entre os diversos axentes involucrados na vixilancia da saúde dos traballadores do sector pesqueiro.

Contido da guía

A primeira parte da guía recolle os conceptos derivados da Lei de Prevención de Riscos Laborais tal e como se recollen no Libro Branco da Vixilancia da Saúde dos Traballadores, adaptándoos ao sector pesqueiro. Na segunda, preséntase unha matriz de fases, tarefas e subtarefas e perigos para cada unha das modalidades de pesca analizadas. Estas matrices recollen de maneira detallada todo o proceso de traballo que realizan os tripulantes do barco, desde que comeza no porto ata que finaliza nel, navegando e faenando. Como resultado ofrécese unha descrición detallada, un mapa, onde se mostran o posto de traballo e os perigos asociados a este. Cada barco, posteriormente, deberá avaliar o risco de forma concreta e propoñer medidas preventivas máis axeitadas para evitalo ou minimizalo. O terceiro apartado parte da descrición detallada do posto de traballo, tal e como se deriva das matrices de fases, tarefas, subtarefas e perigos, e orienta sobre os protocolos médicos e probas específicas aplicables na vixilancia individual da saúde dos traballadores en caso de que os perigos se manifesten xa como riscos. No caso da muller embarazada, que deu a luz ou se atopa en período de lactación, achéganse unha serie de táboas que permiten introducir este aspecto na avaliación de riscos para axudar ao médico do traballo a emitir recomendacións sobre adaptación do posto de traballo, cambio de posto a outro sen risco ou, cando ningunha destas fórmulas sexa posible, informar en relación á suspensión de contrato por risco durante este período.

A guía inclúe ao final un pequeno glosario, para que quen non estea familiarizado coa terminoloxía do sector poida interpretala con maior facilidade. España conta con preto de 40.000 traballadores dados de alta no réxime especial do mar, dos que mais de 19.000, isto é preto do 50%, o fan nestas catro comunidades. Ademais en Galicia hai 7.600 afiliados ao réxime especial que traballan na pesca costeira e de baixura. A flota total destas catro comunidades é de 5.968, deste xeito, Galicia conta con 5.198 buques, fronte ao 339 de Asturias, 168 de Cantabria e 263 do Pais Vasco. O 80% dos de Galicia son barcos pequenos, dedicados á pesca de baixura e artesanal.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: