Inicio do prazo de matrícula para os dous talleres literarios que impartirá Francisco Castro en Vigo

Os obradoiros desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro

10.10.2011. Novacaixagalicia vén de abrir o prazo de matrícula para inscribirse en calquera dos dous obradoiros literarios que organiza a entidade en Vigo no marco do seu programa de actividades. O escritor Francisco Castro impartirá ambos talleres, que se presentan baixo o título ‘Gústache escribir?’.

O obxectivo da iniciativa é afondar no exercicio das técnicas literarias necesarias para descubrir como perfeccionar a escritura de relatos e textos poéticos. Por este motivo o enfoque do curso é eminentemente práctico, permitindo que o alumno escriba desde o primeiro minuto. Todas as sesións estarán presididas por un espírito lúdico, creativo e moi interactivo. A primeira convocatoria será os días 7, 16,21 e 28 de novembro, a partir das 17.00 horas. Haberá outra oportunidade, no mesmo horario, os días 14 e 19 de decembro e 16 e 23 de xaneiro. Os interesados en formalizar a inscrición poden facelo xa, ata completar o aforo, en www.servinova.como ou no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43.

 

 

Francisco Castro

Francisco Castro naceu en Vigo en 1966, onde traballa en ámbitos relacionados coa comunicación e a xestión cultural. Entre as súas obras destacan “Play-Back” (premio Manuel Lueiro Rey de Novela en 1997), coleccións de relatos como “A canción do naufrago” (2001) ou “Xeografías” (finalista do premio de Narrativa Erótica 2001), novelas históricas como “Memorial do infortunio” (2003); “Xeración Perdida” (Premio Cartafol ao mellor libro do ano 2004), “Un bosque cheo de faias” (2004) e “Río Leteo” (2005).

 

No terreo xornalístico alzouse con galardóns como o Premio Manuel Reimóndez Portela no ano 1999 polos seus artigos acerca da animación á lectura. No que se refire á súa obra poética, recibiu no ano 2002 o premio O Facho por “Matar a Walt Whitman moitas veces”. En 2005 foi recoñecido co Pedrón de Ouro e o Rosa Reboredo.

 

Na actualidade forma parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega e é presidente de Gálix. Este ano publicou a súa última novela para adultos “In Vino Veritas”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: