Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-10-11


Caballero propón a construcción dunha conducción de emerxencia entre os ríos Oitavén e Verdugo á Estación Depuradora do Casal

O Concello de Vigo vai remitir á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente un proxecto de conducción de emerxencia entre a confluencia de Verdugo e Oitavén cara a ETAP de Casal para garantir o abastecemento en previsión de que nos próximos dez días non chova. Caballero, quen recordou que a presa de Eiras está ao 46,38%, indicou que “usando o excedente de caudal dos ríos, por riba do ecolóxico, obteríamos o 60 por cento do que se consumo da cidade”.


Caballero invita á cidadanía a visitar o aula itinerante da Fundación Laboral da Construción

O alcalde de Vigo acudiu este luns á Porta do Sol, onde está ubicada un aula itinerante para a formación de ata 24 persoas no sector da construción. Caballero explicou que esta “idea notable” permite formar aos interesados nas novas técnicas e ferramentas empregadas na construción, con cursos que van desde as oito horas ata as 50.

 


O alcalde deu lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a “integración social” dos enfermos e chamando á “acción social colectiva” en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o “apoio” do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.

 


O rexedor entrevistouse cos organizadores do 23º Congreso Nacional de Libreiros, que reunirá en Vigo a unhas 250 persoas

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.

 


Novas tendencias do pensamento contemporáneo no Verbum

O Verbum acolle o martes 11, o inicio da 2ª edición do obradoiro “Novas tendencias do pensamento contemporáneo” organizado polo colectivo Proxecto Derriba e que se desenvolverá os martes e xoves de outubro, en horario de 18 a 19.30.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: