Noticias Auntamiento de Vigo 14-10-11


O goberno de Vigo abriu tras 17 anos a unión de Rosalía de Castro con García Barbón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da apertura do treito final de Rosalía de Castro, na unión con García Barbón, rematando así con 17 anos de procedemento e “cumprindo con todos os requisitos legais” tras ser aprobado hoxe a recepción das obras na Xerencia municipal de Urbanismo e na Xunta de Goberno Local.

 


Abel Caballero reclama á Xunta a construcción “imprescindible” da condución de emerxencia para garantir o abastecemento de auga

O alcalde manifestouse en “absoluto desacordo” coa decisión do goberno autonómico de non construir a conexión de emerxencia entre a confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén coa condución de auga de Vigo. Caballero recordou que o encoro de Eiras atópase no 44,3% da súa capacidade e por debaixo do 35% “a calidade do auga vai empezar a diminuir de forma visible”. O consumo actual é de medio punto por día.

 


O alcalde indicou que as cinco novas humanizacións licitadas superan os 10 millóns de investimento

Abel Caballero informou este venres da saída a concurso dos proxectos de humanización das rúas Nicaragua, Menéndez Pelaio, Doutor Marañón e as segundas fases de Aragón e Martínez Garrido, sumando un importe total de 10,8 millóns de euros. O alcalde defendeu as humanizacións como “modelo de cidade sostible”, xeradoras de economía e creadoras de “miles de postos de traballo”.

 

Convocatoria de axudas ás persoas porpietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da Inspección Técnica de Edificacións -ITE-,correspondente ao ano 2011,dos inmobles construídos entre os anos 1

 

INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS (ITE) – 2011

Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: