PERMANECEN ACTIVOS OS INCENDIOS FORESTAIS REXISTRADOS ONTE NOS MUNICIPIOS OURENSÁNS DE MANZANEDA, VILAR DE BARRIO E LOBIOS

  • No incendio de Manzaneda, as estimacións provisionais sitúan a superficie afectada en torno ás 40 hectáreas
  • En Vilar de Barrio e Lobios, a superficie supera as 20 hectáreas, segundo unha primeira valoración provisional
  • Están controlados dous novos lumes rexistrados esta madrugada no municipio pontevedrés de Gondomar, parroquias de Mañufe e Chaín
  • Permanecen tamén controlados os lumes de San Cristovo de Cea e Chandrexa de Queixa (Queixa)
  • Quedaron finalmente extinguidos os de Arbo e Dozón, na provincia de Pontevedra; e de Rubiá, Chandrexa de Queixa (Forcadas) e Manzaneda, na provincia de Ourense

Santiago, 14 de outubro de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que permanecen activos tres incendios forestais rexistrados onte nos municipios ourensáns de Manzaneda, Vilar de Barrio e Lobios. Así mesmo, quedaron controlados dous novos lumes no municipio pontevedrés de Gondomar, nas parroquias de Mañufe e Chaín, ademais dos xa controlados en San Cristovo de Cea e Chandrexa de Queixa (Queixa), ambos na provincia de Ourense. Finalmente, quedaron extinguidos os de Arbo e Dozón (provincia de Pontevedra) e os de Chandrexa de Queixa (Forcadas), Rubiá e Manzaneda (provincia de Ourense).

Activos

Arestora permanece activo o incendio rexistrado no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado, que comezou ás 17:23 horas de onte, xoves 13. Segundo valoracións provisionais, a superficie afectada sitúase en torno ás 40 hectáreas. Nos labores de extinción participan 6 axentes forestais, 20 brigadas, 4 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 6 avións.

O lume rexistrado onte ás 19:50 horas no municipio de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, está activo. Segundo unha primeira valoración inicial provisional, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan 3 axentes forestais, 7 brigadas, 2 Grumir, 6 motobombas, 1 pala, 1 helicóptero e 3 avións.

En Lobios, parroquia de San Paio de Araúxo, o lume comezou ás 8:00 horas do xoves  13, estando actualmente activo. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é superior ás 20 hectáreas. Participan na súa extinción 1 axente forestal, 7 brigadas, 5 helicópteros e 2 avións.

Gondomar

No municipio pontevedrés de Gondomar, comezaron esta madrugada dous incendios forestais nas parroquias de Mañufe e Chaín. O lume que comezaba ás 4:05 horas en Mañufe quedou controlado ás 9:30 desta mañá. Segundo valoración provisional, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 20 son rasas e 5 arboradas. Nas tarefas de extinción traballaron 2 axentes forestais, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 pala.

No caso da parroquia de Chaín, o incendio comezaba ás 1:25 horas da madrugada e quedaba controlado ás 10:35 horas desta mañá. Segundo unhas primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30,24 hectáreas arboradas. Nos labores de extinción participaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

Resto de controlados

Tamén permanece controlado o lume do municipio ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, que comezou ás 14:51 horas do martes, 11, e quedou controlado ás 7:17 horas do mércores, 12. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 156 hectáreas, das cales 50 son arboradas e 106 rasas. Nas tarefas de extinción participaron 2 técnicos, 6 axentes forestais, 21 brigadas, 2 Grumir, 10 motobombas, 1 pala, 5 helicópteros e 9 avións.

O incendio rexistrado no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, na parroquia de Queixa, que comezou ás 00:20 horas desta madrugada quedou controlado ás 19:55 horas. Segundo valoracións provisionais, a superficie afectada supera as 30 hectáreas. Nas tarefas de extinción están traballando 2 axentes forestais, 3 brigadas, 1 helicóptero e 4 avións.

Extinguidos

O lume forestal rexistrado no municipio pontevedrés de Arbo, parroquia de Cequelinos, que comezou ás 20:57 horas do mércores 12, quedou extinguido ás 23:55 horas de onte, xoves. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 120 hectáreas, das cales 20 son arboradas e 100 rasas. Traballaron na súa extinción 2 técnicos, 4 axentes forestais, 18 brigadas, 7 motobombas, 2 palas, 2 helicópteros e 6 avións.

No municipio pontevedrés de Dozón, parroquia das Maceiras, o incendio iniciouse ás 15:39 horas da tarde do mércores, 12, e quedou extinguido ás 20:00 horas de onte, xoves 13. Segundo as últimas valoracións provisionais, a superficie afectada é de 60 hectáreas, das cales 15 son arboradas e 45 rasas. Nos labores de extinción participaron 3 axentes forestais, 9 brigadas, 1 patrulla de vixilancia, 5 motobombas, 2 palas, 4 helicópteros e 6 avións.

O incendio rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia do Porto, comezou ás 20:17 horas da noite do día 12, e quedou extinguido ás 00:13 horas desta madrugada, venres 14. Segundo a última valoración provisional, a superficie afectada é de 113 hectáreas, das cales 103 son rasas e 10 arboradas. Traballaron no lugar 1 técnico, 2 axentes forestais, 10 brigadas e 10 motobombas.

En Chandrexa de Queixa, parroquia de Forcadas, o lume comezou ás 10:00 horas do xoves 14, quedando extinguido ás 23:26 horas dese día. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30,10 hectáreas, das cales 20 son arboradas e 10,10 rasas. No lugar traballaron 2 axentes forestais, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

Por último, quedou tamén extinguido ás 20:30 horas de onte, mércores 13, o incendio rexistrado na pasada madrugada en na parroquia de Cernado, concello de Manzaneda. Segundo a última valoración provisional, a superficie afectada é de 15 hectáreas. Nos labores de extinción participaron 4 axentes forestais, 17 brigadas, 2 motobombas e 5 helicópteros.


Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: