A CAMPAÑA ‘MERCA NA RÚA’ DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INCENTIVA AS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL DE CINCO CONCELLOS PONTEVEDRESES

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta tarde en Cuntis na entrega de vales de compra por valor de 3.000 euros entre os consumidores deste municipio

  • A iniciativa, que ademais de nesta localidade se celebra en Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Nigrán e Soutomaior, ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio, que forma parte da rede Re-Dic

Cuntis, 15 de outubro de 2011.- A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, participou esta tarde na festa de peche e entrega de premios da campaña Merca na Rúa en Cuntis. Esta iniciativa, impulsada por Economía e Industria na súa aposta estratéxica pola modernización e dinamización do comercio de proximidade, incentiva as compras no comercio local ao longo de dúas semanas, sorteando entre todos os clientes vales de compra por valor de 3.000 euros. Na presente edición, ademais de en Cuntis, celébrase nos concellos de Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Nigrán e Soutomaior.

A directora xeral de Comercio, que recordou o éxito desta campaña desde que botou a andar en 2009, salientou que “con Merca na rúa saen beneficiados tanto os clientes, que ven premiada a súa fidelidade, como o comercio local, porque non só se dinamiza a súa actividade ao longo de quince días senón que unha vez finalizada a campaña os premios reinvístense nos seus establecementos”.

 

O programa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación, e que forma parte da Rede de Dinamización Comercial de Galicia, Re-Dic. Esta rede conta con 52 puntos de información en toda Galicia, 22 deles en Pontevedra, e foi creada, xunto con iniciativas como a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio, para abrir canles de comunicación directas e eficaces entre os comerciantes e a Administración.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: