A XUNTA INICIA HOXE A CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN PARA FOMENTAR O RECICLADO DE VIDRO NA CIDADE DE VIGO

  • Educadores ambientais percorrerán 8 das principais cidades galegas durante 26 xornadas para transmitir os beneficios do reciclado de vidro mediante unha carpa informativa e xogos para público infantil.
  • En 2010, os cidadáns vigueses reciclaron 2.778 toneladas de residuos de envases de vidro.

Vigo, 15 de outubro de 2011.- A Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e Ecovidrio, asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos dos envases de vidro depositados nos colectores de toda España, en colaboración co Concello de Vigo, puxeron hoxe en marcha unha campaña de sensibilización cidadá para fomentar o reciclado de vidro na Comunidade Autónoma galega.

Dende o 16 de setembro e ata mediados de outubro, patrullas informativas compostas por educadores ambientais formados en materia de reciclado de vidro, están a levar a cabo un labor de concienciación e información nas zonas máis céntricas de oito das principais cidades galegas durante 26 xornadas: A Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Este sábado día 15 recalará en Vigo para, ata o vindeiro martes día 18 de outubro, estar presente en distintas ubicacións da cidade olívica co fin de chegar a todos os cidadáns co obxectivo de explicar e sensibilizar á cidadanía.

Así, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, acompañada de representantes municipais, visitou hoxe a carpa itinerante, que este sábado está ubicada na zona peonil do Calvario (concretamente en Urzáiz 183, fronte ao mercado); mañá domingo 16 trasladarase a Bouzas (Eduardo Cabello, 31); o luns 17 estará na Praza do Emigrante, na Praza de América) e, por último, o martes día 18 rematará fronte ao Mercado de Teis (Purificación Saavedra, 2). Para o desenvolvemento da campaña, utilizarase unha carpa informativa itinerante, co obxectivo de que os cidadáns se sintan atraídos polo reclamo, se acheguen a coñecer máis información sobre o reciclado de vidro e resolvan as súas dúbidas ao respecto. E como apoio complementario á actividade, instalaranse xunto á carpa tamén varios xogos relacionados co reciclado de vidro orientados á educación e o desfrute da poboación infantil, o cal contribuirá a incentivar a presenza no punto de información de familias e a amenizar o labor de concienciación. Os educadores ambientais repartirán entre os cidadáns folletos informativos, xogos de lapis de cores e bolsas reutilizables ideadas para transportar os envases de vidro ao iglú, transmitindo á poboación galega a relevancia do seu papel no reciclado de vidro, así como as nocións básicas para levalo a cabo dunha forma correcta.

Datos de reciclado de vidro en Vigo

Durante o ano pasado, os habitantes da cidade de Vigo reciclaron un total de 2.778 toneladas de residuos de envases de vidro, o que supón que cada vigués se achegou ao iglú a depositar unha media de 9,4 quilos de vidro O municipio vigués conta cun total de 649 iglús para o reciclado de vidro, o que supón un índice de contedorización de 458 habitantes por cada punto de reciclado.

Que é Ecovidrio?

Ecovidrio é unha asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro depositados nos colectores de toda España. Ecovidrio encárgase de xestionar a recollida selectiva de envases de vidro mediante a instalación de colectores para facilitar a colaboración cidadá e garantindo o seu reciclado. Ademais, realiza campañas de sensibilización cidadá e promove a prevención estimulando a redución do volume dos residuos que se xeran. Recordamos que o 100% do vidro depositado nos colectores se recicla e é usado para fabricar novos envases de vidro, logrando numerosos beneficios ambientais.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: