Manifiesto por el Empleo

RoldaManiEmprego.JPG RoldaManiEmprego.

Esta crise é un monstro con mil caras. A Gran Recesión que se iniciou en 2007 no sistema financeiro dos EUA estendeuse a todo o mundo nas sucias canles dun sistema financeiro globalizado sen control e sen regulacións, provocando unha gravísima crise de crédito que acabou paralizando gran parte da actividade económica de moitos países. No noso caso empezou coa construción pero agora, xa desde hai dous anos, é sobre todo unha crise industrial. E unha crise de emprego.

Unha crise económica que afecta especialmente a territorios onde a industria é o centro da súa especialización produtiva. Por iso Vigo e a súa contorna están sufrindo con tanta gravidade esta crise.

Nos últimos tres anos, na provincia de Pontevedra destruíronse máis de 50.000 empregos, o que significa unha redución do 15% do emprego que tiñamos antes do inicio da crise. E iso só se pode cualificar como unha catástrofe económica, social e laboral. En apenas tres anos perdemos todo o emprego que nos custou máis dunha década crear, perdemos ademais, o emprego que máis esforzo, que máis investimento require porque é a industria viguesa a que máis emprego perde. Desde que empezou a crise destruíronse máis de 17.000 empregos industriais na provincia de Pontevedra, o que equivale a perder case un de cada catro empregos industriais dos que tiñamos en xuño de 2008.

Estamos sufrindo unha crise que ataca o corazón mesmo do sector industrial. Porque se destrúe emprego na construción naval, que xa perdeu máis do 41% do emprego e que se enfronta agora ao problema do financiamento dos buques. Tamén se destrúe emprego na industria do automóbil, cunha caída do 24% nos tres últimos anos. Pero non só sofren estes sectores, que son a base da economía viguesa. A crise está batendo con forza en todas as ramas industriais. O téxtil perdeu o 36% do emprego, a industria da madeira o 32%, a fabricación de mobles o 47%, o resto de actividades metalúrxicas o 32% e ata as actividades pesqueiras perden o 10% dos seus traballadores.

Unha crise industrial que, xunto cos máis de 13.000 empregos que se perderon na construción, provocou un brutal e insoportable aumento do paro.

A día de hoxe hai 59.644 persoas da comarca de Vigo en paro. A taxa de paro da nosa comarca supera xa o 21%, situándose 4 puntos por encima da de Galicia. En só dous anos, a crise enviou ao desemprego a máis de 20.000 persoas. Unha situación gravísima porque se esta creando unha bolsa enorme de parados de longa duración, de persoas que empezan a situarse ao bordo da exclusión social, tanto pola dificultade crecente de atoparen un emprego como polo esgotamento das prestacións por desemprego.

Unha crise que non cesa, da que non se albisca o final e, o que é peor, que se agrava na nosa comarca. De abril a outubro de 2011 aprobáronse en Pontevedra ERES en 540 empresas, que afectan a 12144 traballadores, o que nos coloca como a cuarta provincia de España con mais regulación de emprego, só por detrás de Madrid, Barcelona e Valencia. Pero o dato máis preocupante é que no conxunto do Estado o número de traballadores regulados é prácticamente igual no ano 2011 que no ano 2010 e en Pontevedra o número de afectados medrou un 320%.

Unha sociedade sa non pode aturar pasivamente este nivel de desemprego, non pode resignarse ante unha crise que a está deixando sen futuro, que condena a súa mocidade ao paro ou á emigración.

Pero a sociedade viguesa, a clase traballadora, nin é pasiva nin se resigna, máis ben indígnase. Está indignada ante a crise, ante os que a causaron, ante os seus responsables.

Son responsables as institucións financeiras, caixas e bancos, que deixaron sen financiamento as empresas, provocando en moitos casos paralización da súa actividade e ata o peche de empresas viables por non poder acceder ao crédito. Nese senso a privatización das caixas de aforro galegas supón ademais dun espolio indignante, a perda dun instrumento útil que podería contribuír ao desenvolvemento económico, dando soporte e facendo fluír o crédito ao tecido produtivo, polo que reclamamos da Xunta de Galicia a recuperación das mesmas.

Mentras os seus directivos, os mesmos que afundiron o barco e o abandonan, levan no seu peto moitos millóns de euros mentras ca miles de familias perderon as súas vivendas, embargadas por esas mesmas entidades de crédito.

É responsable o Goberno do Estado en máns do PSOE e a Xunta de Galicia, en máns de PP, que se empeñaron nunha política de axustes para corrixir o déficit público, unha política de axustes quen non só está fracasada para sacarnos da crise, senón que ademais está fundamentada en políticas contra os dereitos sociais e laborais fundamentais. É terrible o empeño neoliberal contra os servizos públicos, que constitúen un elemento fundamental para a procura dunha maior xustiza social.As privatizacións ou os reiterados recortes sociais na sanidade, no ensino e nas políticas de benestar constitúen unha nova fronte de ataque antisocial.

En Galicia o Goberno de Rodríguez Feijoo foi o primeiro en aplicar políticas de axustes e recortes deteriorando gravemente os servizos públicos e a protección social, paralizando o investimento público causando unha caída da actividade, da construción en primeiro lugar, pero que xa está afectando ao conxunto da economía do país.

Un Goberno irresponsable na Xunta, que renunciou a utilizar as amplas competencias que ten en política industrial, cun organismo fundamental como é o IGAPE paralizado, e que é incapaz de ter ningunha iniciativa en política de emprego, área na que ten as máximas competencias, e que é responsable, polo tanto, de que Vigo, e Galicia en conxunto, estea á cabeza do Estado en destrución de emprego e en aumento do paro.

A cidadanía de Vigo e da súa comarca mobilízase o 6 de novembro para esixir un cambio radical, un xiro nas políticas económicas e de emprego, que coloquen como obxectivo central o estímulo da actividade económica, do crecemento económico e, polo tanto, a creación de emprego.

E este obxectivo estratéxico, crecemento e emprego, concrétase nas seguintes medidas:

  1. O Goberno do Estado e da Xunta de Galicia teñen que impulsar un Plan de Emprego para a comarca de Vigo, pactado coa sociedade civil viguesa, suficientemente dotado e que teña como obxectivo facilitar o acceso ao emprego dos colectivos con maiores dificultades: a xuventude, as mulleres, os parados e paradas de longa duración, as persoas con problemas de formación e as paradas maiores de 45 anos.
  1. A Xunta ten que exercer as súas competencias para axudar a resolver de forma inmediata os problemas de financiamento que sofren as pequenas e medianas empresas, que están chegando a unha situación límite.

Isto depende de que as entidades financeiras, en especial as que están vinculadas con Galicia, volvan abrir o crédito e o financiamento a empresas e familias. E tamén de que se utilicen os entes públicos, como o IGAPE, para reforzar e impulsar cos recursos públicos as liñas de financiamento ás empresas.

  1. Asemade, é preciso transladar tamén unha mensaxe clara e contundente á patronal. Non consentiremos que os custes da crise sexan transferidos á clase traballadora, a través da precarización das condicións salariais e de traballo. No permitiremos que quen nunca repartiu beneficios pretende agora socializar as perdas. Non cederemos á chantaxe de empobrecer aínda máis as condicións laborais actuais.

Vigo, 15 de outubro de 2011

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: